
Enlace BM.Culleredo Despreocúpate.es vs Librería Dalvi BM. Lalín: CM: Bm Culleredo Despreocupate.es- Libreria Dalvi Bm Lalín
Enlace BM.Culleredo Despreocúpate.es vs Máis que auga Seis Do Nadal - Coia: MQA SEIS DO NADAL COIA - CULLEREDO - YouTube
Esta pasada fin de semana o BM.Culleredo Despreocúpate.es afrontaba dous datas claves no seu calendario, dous partidos en tres días que podían certificar a terceira praza do equipo na liga Ouro ou que podía deixar a incerteza para a última xornada. Afortunadamente, o equipo completou dous partidos moi serios, responsabilizados polo moito que había en xogo, conseguindo finalmente dúas vitorias que confirman a terceira praza na clasificación e que outorgan o pase de privilexio á próxima Final Four, onde se xogará o último billete para o sector nacional.
O do Xoves foi un encontro aprazado da anterior xornada, un partido ante un rival directo que era, por tanto, vital para as aspiracións de ambos, especialmente para os de Lalín, que chegaban por detrás na clasificación con dous puntos de desvantaxe cos de Culleredo. O BM.Culleredo Despreocúpate.es dominou de principio a fin no electrónico, aínda que non puido romper nunca o partido e tivo que saber sufrir durante sesenta minutos para conseguir a ansiada vitoria. Mediado o segundo acto e con seis goles de diferenza, parecía que os locais podían marcar unha distancia que xa sería inalcanzable para os do Deza, pero estes reaccionarían de forma impecable para aumentar de novo as súas opcións a falta de dez minutos (32-31). O último tramo sería de infarto, aínda que os cullerdenses, con templaza e eficacia, conseguirían conter o seu rival para levarse dous puntos vitais.
O Sábado de mañá, tocaba certificar a proeza e había que conseguilo nunha partido trampa ante o equipo que pecha a clasificación, pero que viña facendo, especialmente na primeira volta, partidos moi serios e con pouca diferenza ante rivais de enxunlla. A maiores, as múltiples baixas do BM.Culleredo Despreocúpate.es deixaban ao equipo con tan só dez efectivos e un porteiro, situación que engadía unha dificultade máis ante a ausencia de rotación ampla. Os xogadores do BM.Culleredo Despreocúpate.es souberon entender o delicado da situación e responsabilizados na faena, completaron un encontro sen fisuras para asinar unha vitoria sen sobresaltos e con pleno dominio de principio a fin como o testemuñaba a diferenza final que reflectía o marcador (29-50).
Así, o BM.Culleredo Despreocúpate.es certifica a terceira praza no podio da clasificación e saca billete para a próxima Final Four, entrando na terna para poder ser organizador do devandito evento.
BM.CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES VS LIBRERÍA DALVI BM.LALÍN:
Bm Culleredo Despreocúpate.es: 37 (21+16). Mateo Basanta (P), Xurxo Méndez (P), Javi Orge, Mauro Fdez, Antón Rodríguez, Isaac Lorenzo, Teo Gómez, Martín Casal, Alex Soto, Alexis Martínez, Iván Gantes, Guillermo Blanco, Jacobo Soto.
Librería Dalvi BM.Lalín: 35 (19+16). Joel Noche, José Enrique Portas, Manuel Montoto, Enzo Novoa, Xabier Salgueiro, Izan Otero, Arturo Couso, Xoel Ríos, Marco González, Izan Sánchez, Manuel García, Eloy González, Pablo Bahamonde.
Parciais cada 5 ́: 4-3 / 7-6 / 12-11 / 15-13 / 16-15 / 21-19 / Descanso / 26-20 / 28-23 / 30-28 / 32-31 / 35-34 / 37-35.
Colexiados: André Pena e Daniel González.
Incidencias: Partido correspondente a 16ª xornada da Liga Ouro. Encontro disputado no pavillón de Almeiras cun centenar de seguidores de ambos os conxuntos nas bancadas.
MÁIS QUE AUGA SEIS DO NADAL - COIA VS BM.CULLEREDO CDESPREOCÚPATE.ES:
Máis Que Auga Seis Do Nadal-Coia: 27 (11+16). Pablo Martín, Iago Bernal, Hugo Lareo, Pablo Frechoso, Eduardo Pérez-Izaguirre, André Valls, Roi Castañón, Santiago Fandiño, Gonzalo Pombo, Iago Kamp, Roque Pombal, Cayetano Costas, Iago Cabada.
Bm Culleredo Despreocúpate.es: 43 (21+22). Xurxo Méndez (P), Javi Orge, Mauro Fdez, Isaac Lorenzo, Teo Gómez, Martín Casal, Alex Soto, Alexis Martínez, Iván Gantes, Jacobo Soto.
Parciais cada 5 ́: 2-5 / 5-9 / 7-13 / 9-17 / 12-20 / 16-25 / Descanso / 18-29 / 20-32 / 22-38 / 26-43 / 28-47 / 29-50.
Colexiada: Iria Rivera.
Incidencias: Partido correspondente a 17ª xornada da Liga Ouro. Encontro disputado na pista central do pavillón polideportivo de As Travesas, en Vigo.
