
Esperábase un gran encontro en Almeiras onde o Sutenor recibía ao segundo clasificado con opcións de ser campionas de liga . E o encontro non defraudou , un alto nivel por parte dos dous equipos amosouse durante os 60 min.
O encontro comezaba cun equipo redondelá que non queria especular , e dominaba o marcador con pequenas ventaxas. O ataque visitante estaba a superar a defensa 5:1 agresiva do Sutenor que apreciabase moi disciplinada respecto o plan do encontro . Ata unha diferencia de 4 goles foi a SAR, pero o Sutenor non se rendía. O xogo colectivo na fase ofensiva a partires de transformacións de primeira liña estaba a crear moitas dúbidas a defensa visitante. O balón circulaba rápido e encontrábanse situación de gol en zonas efectivas. Isto e máis a disciplina no repliegue defensivo , a presión ante o contragol visitante e a movilidade e intencións defensivas na fase defensiva comezaron a reducir a ventaxa da SAR que veia como nos úlitmos minutos o Sutenor daballe a volta ao marcador para terminar a primeira metade un gol arriba. Un gran esforzo que ao final da primeira metade que tivo a súa recompensa.
Resultado ao descanso: Bm Culleredo Sutenor 16- SAR Rodavigo 15
Na segunda metade o equipo visitante cambiou o sistema defensivo a un 6:0 máis cerrado . O Sutenor o tiña claro , velocidade de balón e moita disciplina táctica para poder encontrar as zonas efectivas . As situación de cruce con amplitude e o xogo colectivo estaban a funcionar . Mentres na fase defensiva o equipo seguia entonado ainda que a Sar tamén encontraba ventaxas ofensivas para derrocar a avtiva defensa cullerdense que por momentos individualiza a sua defensa cun 5+1 para poder frear a central do ataque do equipo visitante.
Durante case 20 minutos a igualdade prácticamente foi a tónica do encontro , cun Sutenor que po momentos dominaba o marcador pero sempre o límite xa que diante estaba un equipo que aspira ao titulo ligueiro. No derradeiro tramo , o equipo rival estivo algo máis acertado e puido recoller unha pequena ventaxa que non deixaría escapar nos últimos intres do encontro .
Resultado ao final do encontro: Bm Culleredo 30 - Sar Rodavigo 33
Quizáis uns dos encontros máis completos da categoría o vivido en Almeiras . Tanto a nivel defensivo coma ofensivo . Un encontro moi completo por parte de ambos equipos, onde non houbo a excentricidade de moitos goles provocados por defensas febles, senón que predominou o control do xogo e dos tempos.
A falta de unha xornada ligueira. o Sutenor consegue matemáticamente o mesmo posto que fai 3 anos. E de moito métiro conseguilo sobretodo por a competitividade ligueira nesta competición concretamente onde vemos unha máxima igualdade entre moitos equipos durante todo o ano . Pouco quedou para loitar polo título ligueiro pero isto son fases de aprendizaxe de cara o futuro .
Á maiores conséguese un obxectivo terciario, que é o de disputar un CTP de España, así que tocará gozar de novas experiencias outro ano máis.
Bm Culleredo Sutenor: Sara Fernández, Helena Portas, Maria Otero , Aitana Gestal , África Gómez, Noa Otón, Rosalía Veiga, Lola Romero, Thais Villaverde, Alba Fernández y Sara Villar.
SAR Rodavigo: Karla Fernandez, Aitana Crespo, Emma Troncoso, Daniela Figueroa, Aloia Fernandez, Carmen Barreiro, Daniela Miguez, Alma Otero, Zaira Garcia, Noa Perez
Parciais cada 5`: 1-3/4-7/7-11/10-13/16-15/19-19/22-22/24-24/27-27/29-30/30-33
Árbitros: Pablo Torreiro
Incidencias: Xornada 19 da liga de Ouro cadete feminino , disputado no pavillón municipal de Almeiras.
