
Previa da Xornada 22.03.26
SENIOR
O BM Culleredo afronta unha nova oportunidade como local para deixar atrás os resultados negativos. Os cullerdenses, que hai xa dous meses que non suman en liga, desexan romper a serie á conta dun sempre complicado BM Lalín. A vitoria debe de pasar por unha maior intensidade, así como un maior afán e actitude competitiva. A melloría na fase defensiva será vital para poder establecer un ritmo alto nas transicións e o xogo de ataque deberá de deixar atrás as accións individuais e o escaso ritmo da pelota en favor dun xogo moito máis veloz e fluído que favoreza o aspecto colectivo.
O partido disputarase no Municipal de Tarrío ás 19:30h do próximo sábado.
CF - SUTENOR
Nova final para as cadetes do Sutenor que enfrontaranse ao segundo clasificado, o cal chega ás últimas dúas xornadas xogándose o título ligueiro. Todo pode pasar no encontro, xa sabemos que os dous equipos teñen alto potencial e será un duelo moi interesante de ver. As nosas poñeran toda a coraxe para que os dous puntos queden na casa.
CM - DESPREOCÚPATE.ES
Fin de semana transcendental para o BM Culleredo Despreocúpate.es que afronta unha dobre confrontación que pode ser definitiva para as ambiciosas aspiracións dos cullerdenses. O Xoves disputarán un encontro vital no polideportivo de Almeiras (20:30h) ante o Librería Dalvi BM Lalín, equipo que está por baixo dos de Culleredo pero empatado a puntos con estes. O Sábado, viaxarán a Vigo para enfrontarse ao Máis Que Auga Seis Do Nadal - Coia no pavillón do mesmo barrio ás 10:30h. En caso de conseguir ambas as vitorias, o BM Culleredo Despreocúpate.es asentará virtualmente esa terceira praza do podium na clasificación final da competición.
CF - CANOSA ABOGACÍA
Esta fin de semana desprazaranse as cadetes do Canosa Abogacía a Salceda de Caselas para xogar contra as primerias clasificadas e gañadoras da Liga Prata. As nosas queren amosar neste final de Liga un bo xogo ofensivo, sendo resolutivas, e unha defensa contundente e solidaria.
IM - ARES Y FUERTES
Os nosos rapaces do Bm Culleredo Ares y Fuertes chegan nun moi bo momento a este tramo final da tempada. Afrontan un longo desprazamento a Tui que é crave para certificala nosa participación na Final 4, sen dúbida será un partido exisente, pero no que os nosos poden sacar un moi bo resultado se traballan colectivamente tanto en ataque como en defensa.
IF - REMAX RIAZOR
O Remax Riazor ten unha nova proba contra o líder da liga. O ánimo está alto despois de competir ao máximo nivel contra as segundas clasificadas a semana pasada. O Remax Riazor espera repetir esa boa actuación este domingo en Almeiras.
IM - ÓPTICA GALLAECIA
Os rapaces do Óptica Gallaecia chegan a este encontro nun moi bo momento, coas pilas cargadas e ganas de seguir medrando! Será un partido bonito, no que os nosos terán que amosar unha fin de semana máis que poden prantarlle cara a calqueira!
FORZA CULLE!!
