Saltar ao contido

ENCONTRO CORRECTO DO ABOGACÍA CANOSA ,AÍNDA QUE CON MOITO QUE APRENDER.

O Abogacía Canosa afrontaba un novo exame co obxectivo de minimizar o potencial ofensivo do rival e sacar proveito das súas propias vantaxes en ataque.

O encontro comezaba con igualdade pero cun Abogacia Canosa mandando no electrónico . A defensa cullerdense estaba a ser sólida e disciplinada. A 5:1 presionante na zona esquerda do ataque local estaba a minimizar as opcións do Meaño e a activación de axudas ante o erro estaban presentes. Ainda así o equipo local non tardaba en poñerse por diante no marcador e comezaba pouco a pouco a ampliar a ventaxa . Os erros no ataque estaban a lastrar o encontro, ainda asi seguiase a competir, sempre tendo opción de igualar o encontro ou esas eran certas sensacións.

O cambio defensivo de 5:1 a 6:0 do equipo local plantexou moitas dúbidas ao ataque cullerdense,que non encontraban en certos momentos as ventaxas ofensivas. O cansancio estaba a facer mella xa que apenas habia efectivos para facer o cambios e dar descanso para logo ter un maior rendemento.

Resultado ao descanso: Asmubal Meaño 19- Bm Culleredo Abogacia Canosa 13

A segunda metade estivo tamén igualada nos primeiros 10 minutos ainda que as cullerdenses non conseguían reducir a ventaxa, o Meaño seguía sendo moi regular e non concedía erros . Os erros e imprecisión rápidas por querer marcar gol estaban a lastrar a posible remontada para o Abogacia Canosa ,que lle faltaba un pouquiño máis de paciencia , un pase máis unha circulación de balón rápida ... pequenos detalles que hai que seguir traballando. O equipo seguia a loitar pese o resultado , e non tiraba o encontro , iso reflexábase no alto esforzo que estaba a desprender as cullerdenses , que expresaron a súa loita en todo o encontro ata esgotar totalmente as forzas . Isto dí moito deste equipo que pese a apeas coñecer a victoria nesta úlima fase o colectivo sae a competir sexa o rival que sexa. Son máis de 40 equipos en toda Galicia , e xa estar nestes ámbitos de competición amosa e evidencia o nivel e a capacidade que ten este Abogacía Canosa.

Bó encontro , o camiño é ir pouco a pouco para medrar coma equipo e iso estáse a conseguir . Noraboa e a polo final ligueiro ¡¡

Taberna Os Arcos Asmubal Meaño : Victoria Gonzalez, Paloma González, Lara Serantes, Emma Sarabis, Antia Fariña, Emma Caneda, Alba Peña, Carla Mendez, Iria Padin , Sabela Muñiz, Carla Meis.

Bm Culleredo Abogacía Canosa: Helena Portas, Aroa Martinez, Alba Romero , Eva Outón , Sofia Meijide, Simona Seo, Cintia Miguez, Carmen Garcia, Sara Villar.

Parciais cada 5`: 4-3/7-6/9-7/12-9/19-13/23-16/25-17/29-17/30-20/35-22/35-25

Árbitras:Iria Rodriguez y Sofia Gallego,.

Incidencias: Xornada 12 da segunda fase da liga cadete feminino prata , criteiro olímpico (posto 1º-8º).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *