Saltar ao contido

RECUPÉRASE A VICTORIA NUN ENCONTRO TOP DO SUTENOR QUE ESPERA DÚAS FINAIS.

Dúas derrotas consecutivas habían marcado estas últimas semanas ao Sutenor . Conscentes diso , as cadetes deo Sutenor sairón a un nivel moi alto este sábado en Bueu.

Un Bueu que atreviase a sair en 3:3 no inicio do encontro onde as nosas non tiveron problema en poder descifrar as ventaxas que podían ter no ataque. O desmarque sen balon con pase e vai ,as anticipacións no desmarque e a reactividade nel estaban a dar o seu froito . Na fase defensiva o Sutenor cerraba o centro da defensa cunha 6:0 moi agresiva , pero quizáis demasiado e sen axustar por momentos, isto o aproveitaba o Bueu para marcar goles nas zonas exteriores. Unha vez axustado certas patróns defensivos, as nosas comezaron a estar moito más sólidas en defensa, unha mágoa certos lanzamentos para poder ampliar moito máis a ventaxa , e por mor diso o equipo local incluso chegaba a empatar o encontro . Pero iso tan só foi un espellismo temporal xa que de novo , as cullerdenses conseguían con moita discicplina e coraxe poñerse por diante , solventando o cambio de sistemática defensiva 6:0 do Bueu . Un 6:0 con moita profundidade nos 2ºs, pero que o Sutenor o aproveitaba cun gran traballo ofensivo colectivo .

Resultado ao descanso : Área de servicio Lapamán Atlético Bueu 15- Bm Culleredo Sutenor 17

O Sutenor sabía que este encontro marcaría un antes e un despois, e sabían que este encontro non se podía escapar . A unión fai a forza e nos primeiros 5 minutos de encontro elas mesmas falaron no 40x20.Un parcial de 5-2 para comezar , e 15 minutos de xogo onde tan só recibiuse 1 gol en contra. En total 8 goles en contra na segunda metade. O sistema 5:1 controlando a espalda da avanzada e pechando o centro da defensa foi unha das claves da defensa exitosa do Sutenor . Daban igual quen estivera no avanzado , a instrucción era clara e determinante para poder encerrar o ataque local .

Na fase ofensiva os cambios tácticos de defensa de 6:0 a 5:1 presionante o 3:3 do equipo local , non estaban xa a crear unha problemática ao ataque visitante, a resolución de problemas estaba a ser un éxito para as nosas que encontraban as solucións perfectas para acadar o gol , sempre co factor colecitvo diante .O xogo colectivo , un dos factores que está a dar moito de sí nestes últimos encontros.

Despois desta victoria, quedan dúas finais, dous encontros moi compricados antes o lider e o segundo clasificado, unha victoria proclamaría. unha praza directa ao campionato de España para o Sutenor. Todo está nas mans do equipo cullerdese, e sabemos por experiencia que todo pode ocurrir.Sempre cos pés no chan , pero con moitas gañas ¡

Área de servicio Lapamán Atlético Bueu: Paula Sánchez, Celia Jimenez, Celia JImenez, Julia Gonzalez, Valeria Campos, Daniela Pazo, Alexandra Rios, Marina Torres, Blanca Agraso, Elena Pastoriza, Ana Marquez

Bm Culleredo Sutenor: Sara Fernánez, Elena Portas, Aitana Gestal , Maria Otero, África Gómez, Thais Villaverde,Alba Fernández, Rosalia Viega, Sara Villar, Lola Romero, Noa Otón.

Parciales cada 5`: 3-4/7-8/9-11/11-12/13-14/15-17/17-22/20-26/20-28/21-30/23-32/24-35

Árbitros: David Fernández e Inocencia Pérez

Incidencias:Xornada 16 da liga de ouro cadete feminino , disputado no pavillón municipal de Bueu.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *