
A priori un dos encontros máis compricados para o Remax Riazor que dispoñiase a cambiar as sensacións do pasado fin de semana . Pois realmente iso foi o que ocurriu , o orde e a disciplina rexurdiron sobretodo na faceta defensiva , nos primeiros 10 minutos o Remax Riazor mandaba no marcador grazas a un orde defensivo no que apenas estaban a ser superadas, a fortaleza física das rivais quizáis eras o seu punto forte en certas accións de xogo . Polo demáis apenas había diferenzas.
A defensa 5:1 estaba a provocar moitos erros ao ataque local e isto era aproveitado para poder realizar uns ataques con tranquilidade onde estaba a ser aproveitado polo ataque cullerdense. A defensa 5:1 moi separada entre liñas era moi aproveitable para atacala con aspectos de xogo sencillos.
No minutos 15 de encontro o resultado era de 8-8 . Tan só nos minutos restantes o equipo local aproveitaba a súas armas de fortaleza para abrir una brecha no marcador a favor de Bueu. Aínda asi o Remax Riazor non perdía a cara na primeira metade .
Resultado ao descanso : Cafetería Jardín Atlético Bueu 15- Bm Culleredo Remax Riazor 12
O inicio da segunda metade estivo igualado coma na primeira metade , o Remax RIazor aguantaba as embestidas do equipo rival , a defensa estaba nunha boa zoa de confort e iso daba confianza para poder estar ben situado no momentos apropiado . As axudas defensivas estaban a ser importantes sobretodo para frear os 1x1 e as acciones cara o centro da defensa. Quizáis os problemas de cambio de oponente en relación a diferentes liñas ofensivas do equipo rival era o que máis quebradeiro de cabeza estábase a dar.
Na parcela ofensiva o equipo tivo certas irregularidades, a falta de continuidade e velocidade de circulación de balón faltou e iso o aproveitaba o Bueu para ampliar a ventaxa . O equipo local xa tiña encarrilado o encontro nos minutos finais pero o Remax Riazor non se rendía e seguía coa loita ata o pitido final .
Resultado ao final do encontro: Cafetería Jardín Atlético Bueu 32 - Bm Culleredo Remax Riazor 24
Encontro moi regular das nosas en todalas facetas do xogo ante un rival que está na loita polo título .Estes encontros hai que tomalos coma referencia para o futuro. Esta entrega máxima de esforzo é moi importante para entender que todo se pode , que calquer encontro podese competir e porque non,gañar. Pero queda moito por diante e hai que seguir con humildade e pasiño a pasiño . Conseguir esta intensidade durante os 50 minutos é algo moi importante e seguro que conseguiráse máis regularmente , todo isto , grazas ao compromiso e dedicación das xogadoras.
Cafeteria Jardín Atlético Bueu: Aray Camila,. Marie Rey. Ainhoa Malvido , Violeta Miranda,Aina Esteva, Noa Gago, Iria López, Leyre Sotelo, Marta Chapela, Clara de la Torre.
Bm Culleredo Remax Riazor: Aldara Allegue, Sabela Lamas, Olivia Pan , Candela Tizón , Andrea Muñoz, Aora Bestilleiro, Elena Aneiros, Daniela Manteiga, Salma Martinez, Uxia Seoane y Sofía Orge.
Parciales cada 5`: 3-5/6-7/8-8/9-12/12-15/18-14/22-18/26-19/29-21/32-24
Árbitros: David Fernández e Inoncencia Pérez.
Incidencias: Xornada 16 da liga de Ouro infantil femenina , disputado no pavillón Pablo Herbello en Bueu.
