
Enlace Do Partido: (SM) BM Culleredo - Balonmano Reconquista de Vigo
O BM.Culleredo e BM.Reconquista de Vigo disputaron un partido igualado este pasado Sábado no municipal de Tarrío e os cullerdenses quedaron ás portas de sacar algo positivo nuns instantes finais que foron un Dejavu de hai catorce días. O encontro comezou cun ritmo anodino por parte de ambos os conxuntos, propio de dous equipos que a efectos clasificatorios non se xogan gran cousa a estas alturas de tempada. A igualdade era máxima, as diferenzas, mínimas para uns e outros e as alternancias continuas, do mesmo xeito que as táboas que reflectía o electrónico en varios parciais do primeiro acto e ao termo dos trinta minutos iniciais (14-14). Na continuación nada cambiaría, ningún equipo impoñía o seu xogo e o partido entraba nunha deriva de incerteza imposible de prognosticar. Nunha situación recorrente, tal e como pasara facía catorce días contra Teucro, o BM.Culleredo afrontaba un último ataque con trinta segundos por diante. O xogo sen porteiro presentábaos ante a defensa rival con superioridade numérica e por tanto con moitas opcións de conseguir polo menos a igualada (25-26 reflectía o marcador nese momento), pero a mala xestión deses instantes finais e o erro na toma de decisión, afastaba definitivamente aos cullerdenses de conseguir un resultado que polo menos os mantería na novena praza da clasificación. O equipo xa debe de centrarse na difícil cita ante A Cañiza o vindeiro domingo como unha nova oportunidade de obter unha vitoria para cambiar o rumbo do último mes e medio.
BM. Culleredo: 25 (14+11). Xoán Varela (P), Oscar Bello (P), Carlos Costa (3), Juan Pereira, Adrián Díaz (1), Marco García, Pedro Pereira, Mario Crecente (2), Iago Ferreiro (1), Iván Sánchez (6), Xoán Canedo (2), Henrique Traba (1), Nuno Loxo (3), Darío Pérez (3), Alejo Martínez, Roi García (3).
BM. Reconquista De Vigo: 26 (14+12). Juan Novás, Hector Rodríguez, Miguel Pousa (1), Ignacio Costas (3), Alejandro Gómez, Manuel Hernández (5), Fernando Jesús Murillo, Nicolás Díez, Alberto Hernández (1), Manuel Rodríguez (1), Aarón Rodríguez, André De Moura (9), Roberto Castro (4), Alex Rey (2).
Parciales cada 5 ́: 3-2 / 4-4 / 5-7 / 8-10 / 12-12 / 14-14 / Descanso / 17-16 / 17-17 / 20-19 / 22-21 / 23-24 / 25-26 / Final.
Colegiados: Cesar Díaz e Pablo Barreiro.
Incidencias: Xornada nº 24 en primeira nacional (Grupo "A"). Partido disputado no municipal de Tarrío ante un centenar de siareiros nas bancadas.
Fotos Do Encontro:
