
É un Remax Riazor moi diferente o principio da tempada pero moi diferente a fai un mes. e iso demostrase cada dia , tanto nos adestramentos coma nos encontros. Nesta ocasión o Remax Riazor saiu a competir unha vez máis con gañas, e asi foi durante os primeiros 10 minutos que a pesares de pequenos erros o equipo estivolle a competir a un bó Cangas. No minuto 15 a diferencia agrandouse demasiado . A superioridade física estaba a facer mella na fase defensiva , as nosas intentaban chegar as axudas pero as veces faciase moi compricado . Aínda así as sensación non eran malas , na fase ofensiva hubo momentos moi bós , os desmarques sen balón estaban a ser activos tanto na primeira liña coma na segunda liña e iso estaba a crear moito perigo de cara a porteria do Cangas.
Moita diferencia no resultado ao final da primeira parte pero quizáis un resultado que por pequenos detalles puido estar un pouco máis preto .
Resultado ao descanso : Gaspo Occident Bm Cangas 22- Bm Culleredo Remax Riazor 7
Na reanudación o Remax Riazor estivo moito mellor ,competiu a un nivel moito máis alto , unha segunda metade onde só perdese por 3 goles. Todalas xogadoras marcando goles, as porteiras parando, interceptacións e axudas defensivas, repliegues defensivos ..... Cando xuntanse todas estas situación e certos patróns as cousas cambian cando as facianas e os xestos axudan as compañeiras o equipo é outro .
Noraboa pola segunda metade e por as gañas de afrontar cada partido o pequenas situacións. A fórmula e a correcta pero as veces non só vale acertar con ela senon tamén queda moito que aprender para que as situacións de xogo poidan reflexarse máis positivamente sobretodo co éxito .
Resultado ao final do encontro : Gaspo Occident Bm Cangas 36- Bm Culleredo Remax Riazor 18
Gaspor Occident Bm Cangas: Iria Cancelas , Ana Iglesias, Estela Bastón, Claudia Malvido, Diana Iglesias, Sofia Milena, Carla Berndardez, Elena Lopez, Noa Otero, Maria Dacosta, Lara Gallego .
Bm Culleredo Remax Riazor: Aldara Allegue, Mariña Garaboa, Candela Tizón , Olivia Pan, Aroa Bestilleiro, Andrea Muñoz, Sabela Lamas, Uxia Seoane, Sofía Orge, Lucia Peña, Paula Gándara
Parciais cada 5`: 3-1/7-4/15-6/17-7/22-7/25-10/28-12/30-14/32-16/38-18
Árbitros: Daniel Cancelas
Incidencias: Xornada 14 da liga Ouro infantil feminino disputado no pavillón do Gatañal en Cangas.
