Saltar ao contido

PARTIDO PARA ESQUECER DO BM.CULLEREDO NO SEU DESPRAZAMENTO A CANGAS

Enlace Do Partido: 1ª NACIONAL MASCULINA X23 | Automanía Luceros - BM Culleredo | Domingo 1 13:30

O BM.Culleredo viaxaba a Cangas coa idea de deixar atrás as cinco xornadas sen vencer e regresar ás boas sensacións de xogo e triunfo, pero a realidade foi esmagadora e non precisamente favorable aos cullerdenses, que completaron o peor encontro do ano ante un conxunto local que mostrou as urxencias por sacar os dous puntos desde o primeiro momento. Especialmente caótico foi o primeiro acto, onde o conxunto de Culleredo viuse superado sobradamente polo seu rival. Cun 5-1 de inicio, o técnico visitante víase obrigado a solicitar o seu primeiro tempo morto para tentar poñer coto ao vendaval que se estaba vindo encima, pero a reacción non se produciría e a diferenza ampliábase a cada paso para chegar ao tempo de descanso cun vergonzante 19-10. A falta de intensidade defensiva e o xogo inexistente nun ataque que se estrelaba no centro defensivo, foron claves para facilitar moito o facer dun conxunto local que superaba en alma e xogo aos de Culleredo. No segundo tempo, a tímida reacción dos visitantes non foi suficiente para inquedar ao conxunto do Morrazo e aínda que chegarían a reducir a diferenza ata os catro goles e dispoñerían dun contraataque para colocarse a tan só tres con outros tantos minutos por xogar, os erros sucesivos volverían facer aparición para sucumbir finalmente por un 35-29 que fai ademáis que o BM.Culleredo perda o golaverage favorable que tiña desde a primeira volta (33-29). Un pírrico 46´77% de acerto retrataría o mal xogo de ataque, que remataría en malas tomas de decisión e falta de eficacia no lanzamento. A próxima semana o BM.Culleredo deberá de restablecer e mostrar unha cara totalmente diferente se desexa defender unha novena praza que, en caso de derrota, pasaría a ser ocupada polo seu rival, o BM.Reconquista de Vigo.

Automanía Luceros: 35 (19+16). Javier Fdez (P) (2), Antonio Otero (P), William Thompson (4), Iago Fonseca (3), Xurxo Otero (2), Carlos Menduiña (3), José Miguel Cid (3), Alexandre Gallego, Rahim Walid (1), Martín Fuentes (9), Iago Iglesias (3), Christian Ferradás (1), Salvador Montes, Dmitrije Doder (1), Pablo Giráldez, Juan Rodríguez (3).

BM.Culleredo: 29 (10+19). Xoán Varela (P), Oscar Bello (P), Carlos Costa (2), Mario Crecente (1), Henrique Traba (2), Adrián Díaz (7), Iago Ferreiro (3), Pedro Pereira (4), Marco García (1), Nuno Loxo, Xoán Canedo (2), Marcos Regueiro, Roi García (2), Alejo Martínez (3), Juan Pereira (2).

Parciais cada 5´: 4-1 / 8-2 / 11-3 / 13-6 / 16-7 / 19-10 / Descanso / 22-13 / 24-16 / 26-17 / 28-21 / 30-25 / 35-29 / Final. 

Colexiados: Iván Álvarez e Javier Casado.

Incidencias: 23ª xornada no grupo "A" da 1ª nacional masculina. Partido disputado no pavillón municipal O Gatañal.

Fotos Do Partido:

https://photos.app.goo.gl/hF99uhrbhjLgamVp7

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *