Saltar ao contido

DERROTA DO SUTENOR PERO SEMPRE COMPETINDO ATA O ÚLTIMO SEGUNDO

Cando compitese ata o último segundo dí moito do esforzo e carácter dun equipo . E isto é realmente o que sucede neste Sutenor , que cada día de encontro deixase a pel na pista deportiva.

Un encontro igualado nos primeiros compases de xogo , case todalas situación de xogo estaban pendentes de un hilo , moita intensidade defensiva por parte dos dous equipos que estaban a ser moi sólidos. A igualdade romperíase a partires do minutos 15 onde o equipo local estaba a crear moitos problemas co ncirculacións de extremos , e con unha circulación de balón alta, isto máis a falta de acerto no ataque cullerdense, propiciaba unha pequena ventaxa no marcador ao equipo local de 3-4 goles que reduciríase antes do descanso a un gol.

Resultado ao descanso: Instalaciones Parcero 14- Bm Culleredo Sutenor 13.

Na segunda metade o encontro manteu a igualdade aínda que o equipo local mantiña unha pequena diferencia no marcador que o Sutenor non lograba reducir , a partires do minutos 15 o nivel defensivo e a intensidade subiu por parte do Sutenor , a reactividade nos desplazamentos, as axudas defensivas estaban a propiciar interceptacións e o Sutenor comezaba a encontrarse moito mellor na fase defensiva. No ataque estaba a ter problemas moito fallo de lanzamento na zonas exteriores e moito probelmas para crear ocos na zona central defensiva . Ainda asi a falta de un minuto o equipo cullerdense despois dun esforzo enormemente alto , tivose balón para poñerse un arriba no marcador pero o equipo local interceptou un balón de ouro para realizar un contrataque 1x0 e poñerse un arriba a falta de 40 segundos no marcador onde o Sutenor non puido encontrar unha solución para poder empatar o encontro .

Resultado final: Instalaciones Parcero 24- Bm Culleredo Sutenor 23.

A base de todo isto e competir e iso é o que se está a facer, moi bó encontro o vivido en Cangas, quizáis faltou máis acerto na fase defensiva pero foi un partido correcto, da gusto xogar encontros así . Queda tomar nota dos erros para poder estar máis acertadas no futuro . Aínda asi noraboa polo encontro , a dinámica é boa e así vaise a calquer pista a competir.

Instalaciones Parcero Bm Cangas: Erika Jimenez, Lola Fernandez, Nerea Marcos, Aitana Lorenzo , Dafne Grygar, Amaia Hermelo, Irene Gomez, Carla Melón, Carla Gonzalez, Barbara Lagoa.

Bm Culleredo Sutenor: Sara Fernadez, Helena Portas, Africa Gómez, Noa Otón, Aitana Gestal, Sara Villar, Alba Fernández, Thais Villaverde, Rosalia Veiga, Lola Romero, Sofia Meijide y Maria Otero.

Parciais cada 5`: 2-2/5-5/8-6/11-9/14-13/17-15/19-17/20-19/22-21/24-23

Árbitros. Ainhoa Blanco

Incidencias: Xornada 14 da liga de Ouro cadete feminino , disputado no pavillón do Gatañal en Cangas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *