
Previa da Xornada 01.03.26
SENIOR
O Bm Culleredo desexa resarcirse dos resultados negativos das últimas semanas e para iso terá que superar o difícil reto de impoñerse na pista do Gatañal ao Automanía Luceros. Os do Morrazo serán un rival moi complicado, un equipo que sube moito as súas prestacións cando actúa de local e que non pode despistarse na táboa, polo que a urxencia por sumar, faios especialmente perigosos. Os cullerdenses, que acumulan baixas importantes nas últimas xornadas, necesitan mellorar no aspecto táctico e colectivo do seu ataque, e xogadores que ata o momento asumiron menos minutos no xogo, deberán de dar un paso á fronte.
O encontro disputarase o domingo á 13:00h no Pavillón O Gatañal.
XM - GALAICO CARAVANING
O sábado a mañá os xuvenís disputan a penúltima xornada da Liga Prata ante o duro rival do CP Lucense.
Os nosos terán que facer un partido completo en todas as fases do xogo para poder levarse os 2 puntos ante os Lucenses. O equipo Lucense foi o único capaz de derrotar aos cullerdenses na Liga Prata no encontro de ida polo que o envite será desta vez máis que emocionante.
XF - FISIOTERAPIA BENESTAR
As nosas xuvenís queren cortar a mala racha de resultados que están a ter nas últimas semanas. O que ten claro o Fisioterapia Benestar é que non se van a rendir e buscarán o cambio de dinámica esta fin de semana onde na mente delas está que os dous puntos queden en Almeiras.
CM - DESPREOCÚPATE.ES
O primeiro e segundo clasificado da Liga Ouro cadete, Disalmo Luceros e Bm Culleredo Despreocúpate.es respectivamente, anuncian un duelo ao grande esta próxima fin de semana en Almeiras. Ambos os equipos, separados tan só por dous puntos, prometen o mellor balonmán da categoría nun enfrontamento transcendental de fronte ao obxectivo por conseguir o campionato galego. Os cullerdenses necesitarán a súa mellor versión para impoñerse a un rival con moito potencial. O rendemento do binomio defensa- portaría será clave, do mesmo xeito que as solucións que se poidan obter na fase de transición.
O encontro disputarase o sábado ás 19:00h no Polideportivo de Almeiras.
CF - SUTENOR
Outra final máis para o Sutenor que ven dun gran encontro a pasada fin de semana. As nosas teñen na cabeza o sacrificio e iso é o que están a demostrar. Os adestramentos están a ser intenson e moi correctos. Agora só queda rematar a semana traendo os dous puntos para Culleredo.
CM - CRISTALERÍA GESTAL
Reciben os nosos aos veciños de Mesoiro nun encontro no que os nosos buscarán unha nova vitoria que os acerque á parte alta da clasificación. Un partido complicado, no que a fase defensiva e a transición serán vitais para poder levarnos o encontro.
CF - CANOSA ABOGACÍA
Este domingo desprazanse as do Canosa Abogacía a Vigo. Xogarán contra un Sedona que ven de sumar unha serie de vitorias e que non vai poñer as cousas sinxelas na súa pista. A pesares de conseguir a vitoria pola mínima na primeira volta o Canosa deberá de traballar moi duro a nivel defensivo e realizar un ataque eficaz se quere ter opcións e poder levarse a vitoria.
IM - ARES Y FUERTES
Os nosos infantís do Ares y Fuertes reciben este sábado ao líder da Liga Ouro, un Luceros que continúa sen coñecela derrota. Se os nosos queren poder competilo encontro e ter posibilidades de sumar 2 puntos deben facer un partido onde debemos de minimizalos erros e ser capaces de anular os ataques dos de Cangas.
IF - REMAX RIAZOR
Despois da boa imaxe e o cambio de dinámica do pasado fin de semana ante o Carballal , as nosas miniguerreiras queren manter a regularidade sobretodo na actitude. O Cangas volverá a ser un duro rival, pero as nosas veñen da mellor semana de adestramento, así que a loita estará presente en gran parte do encontro
IM - ÓPTICA GALLAECIA
Ao igual que os cadetes, os infantís de Liga Prata reciben aos de Mesoiro, un rival ao que aínda non nos medimos esta tempada e que esperamos lle poña as cousas moi difíciles a un Óptica Gallaecia que está competindo a un moi bo nivel, sacando adiante partidos moi compricados.
FORZA CULLE!!
