
O encontro comezou co equipo culleredense moi falto de intensidade e cometendo erros impropios de xogadores do seu nivel.A defensa culleredense moi débil viase superada en numerosas ocasións e no ataque as perdas de balón e o repregue defensivo inexistente era aproveitado polo Porriño para facer saltar as alarmas nos visitantes.Chegouse ao descanso con vantaxe de 2 goles favorable aos culleredenses.
No 2° acto , una primeiros 10 minutos cunha intensidade defensiva e saida ao contragolpe mais recoñecible nos xogadores do Galaico Caravaning permitiu coller vantaxe de 6 goles no marcador e poder matar o partido.Os xogadores do Porriño con menos rotación e mais agotados físicamente non pudieron reducir a diferencia e conseguiuse o triunfo.
Balonmano Porriño 25(16+9).Matheus,Xoel,Simón,Pablo,Denis,Paulo,Pedro,Bruno,Nicolás,Lucas,Elías,Brayan,Diego,Mateo e Brais.
Balonman Culleredo Galaico Caravaning.34(18+16):Hugo Díaz,Mateo,Iago,Hugo Bermudez,Jairo,Hugo Rodríguez, Fabián, Adrián, Jorge,Xoán, Hugo Bregua,Diego,Teo Gómez, Teo López.
Arbitros:Cesar Díaz e Paula Fontan
Incidencias : Encontro disputado no municipal de Porriño ante un bo número de afeccionados.
