Saltar ao contido

MOI BOA PRIMEIRA PARTE DO FISIOTERAPIA QUE NON CONSEGUE MANTERSE NA SEGUNDA

Onte desprazábanse as xuvenís do Fisioterapia Benestar a Coia (Vigo).

O partido iniciaba cun Fisioterapia firme en defensa e dificultando o ataque das de Vigo con continuas axudas, obrigándoas a xogar nas zonas exteriores ou buscar á pivote. No ataque, aínda que con dificultades, comezaron as nosas a atopar ocos tralas cotinuidades de balón e as fixacións, así como coas transformacións das extremos.

Resultado ao descanso: Xac Seis do Nadal 10 -  Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 10.

Tras manter un marcador reducido na primeira metade, na segunda o cansancio comezou a aparecer e a defensa comezou a fraquear en certas accións centrais/laterais e lanzamentos exteriores, permitíndolles ás do Sedona poñerse por riva. No ataque comezaron a aparecer as dificultades, e aínda que ao inicio o xogo coa pivote e certas accións individuais permitiron seguir moi preto no marcador, nos últimos minutos os lanzamentos non atopaban a portería.

Bo partido das rapazas do Fisioterapia que loitaron ata o final, mellorando aspectos defensivos respecto a partidos anteriores e amosando que queren seguir competindo para acadar o mellor posto posible nesta segunda fase.

Resultado ao final: Xac Seis do Nadal 27 - Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 22.

Parciais cada 5´: 3-2/ 5-4/ 7-5/ 9-6/ 10-9/ 10-10 // 14-14/ 15-16/ 16-16/ 19-19/ 19-20/ 22-27.

Xac Seis do Nadal: Antía Almeirda, Aldara Porrúa, Emma Fernández, Arancha Hernández, Lucía Pereira, Antía González, Paula Moreira, Noa Senra, Sabela Comis, Uxía Comesaña, Dubra Vázquez, Sofía Rial, Inés Rodríguez.

Bm Culleredo Fisioterapia Benestar: Aldara Piñeiro, Antía Ferreño, Carmela Erías, Claudia Regueiro, Daniela Pérez, Eva Outón, Leire Barbeito, Luana Gómez, Paula Peteiro, Sofía Meijide.

Árbitros: Inocencio Pérez e Alihuen N.

Incidencias: Xornada 6 da segunda fase da Liga Prata Xuvenil Feminina, disputada no Pavillón Municipal de Coia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *