
Onte recibían as cadetes do Canosa Abogacía ao Bm Cañiza no Municipal de Almeiras.
O encontro iniciaba cun Canosa Abogacía moi intenso e concentrado. Saían as nosas cunha defensa 5:1, que conseguía dar un paso adiante e interceptar balóns, así como mostrar contundencia na zona central da mesma. As rapazas da Cañiza, que tamén iniciaban en 5:1, aínda que moito máis presionante, estaba a obrigar as nosas a xogar a espalda da avanzada, o que facilitou a penetración na zona central durante toda a primeira metade a partires do xogo lateral e coa pivote.
Resultado ao descanso: Bm Culleredo Canosa Abogacía 17 - Bm Cañiza Mapfre Selayfi 15.
Tras remontar na primeira metade e conseguir iniciar a segunda uns goles arriba, o Canosa perdeu varios balóns en pases e malos lanzamentos que facilitaban a rápida subida das rivais, volvendo a poñer o partido en táboas. Máis as cullerdenses non baixaron o ritmo nin a intensidade e cunha serie de xogadas colectivas volvían a desestabilizar a defensa da Cañiza, hundida en 6:0 toda a segunda metade, e lograr espazos nas zonas laterais e centrais da súa defensa.
A pesares do bó xogo amosado polas nosas a opción de puntuar escapóuselles por tan só un gol, máis a sensación de realizar un bo partido e volver amosar un bo xogo, actitude e intensidade esta conseguido. Tócalles seguir traballando e preparando os próximos encontros, tendo moi claro que este é o camiño.
Resultado ao final: Bm Culleredo Canosa Abogacía 29 - Bm Cañiza Mapfre Selayfi 30.
Parciais cada 5´: 3-4/ 5-8/ 8-10/ 11-11/ 12-13/ 17-15 // 18-18/ 21-21/ 24-26/ 26-27/ 29-29/ 29-30.
Bm Culleredo Canosa Abogacía: Aldara Allegue, Alba Romero, Aroa Bestilleiro, Aroa Martínez, Carmen García, Cintia Míguez, Eva Outón, Helena Portas, Sara Villar, Simona Seo, Sofía Meijide, Uxía Seoane, Yasmín Gabarri.
Bm Cañiza Mapfre Selayfi: Zaira Castro, Almudena Trujillo, Alexandra Sande, Carolina Vázquez, Nohara Vázquez, Lola Soto, Laura Loira, María Fernández, María Rodríguez, María Giraldez.
Árbitras: Uxía Mariño e Martina Regueiro.
Incidencias: Xornada 9 da segunda fase da Liga Prata Cadete Feminina, disputada no Pavillón Municipal de Almeiras.
