Saltar ao contido

O SUTENOR IMPÓN A SÚA MURALLA DEFENSIVA PARA DOMINAR O BM CHAPELA

O Sutenor asinou unha das actuacións máis completas da tempada ao impoñerse con autoridade ao BM Chapela nun encontro marcado pola intensidade defensiva local e pola velocidade na circulación de balón na fase ofensiva do conxunto local.

A primeira metade estivo moi igualada. As defensas foron protagonistas, sobre todo polos numerosos erros de lanzamento en ambos equipos, onde as porteiras estiveron moi acertadas. O marcador era baixo no minuto 15 de xogo (7-5), momento no que o Sutenor tomaba unha pequena vantaxe. Cada balón dividido tiña cor local e, na fase ofensiva, o Sutenor, con moita paciencia, buscaba a mellor opción; se non atopaba oco no centro, a solución estaba nas zonas exteriores, que tiveron gran protagonismo neste encontro.

Resultado ao descanso: BM Culleredo Sutenor 13 - BM Chapela 10

Na segunda metade, e xa nos últimos compases da primeira, o equipo local optou por unha defensa mixta sobre a xogadora máis determinante do Chapela. Isto fixo minguar por momentos o ataque visitante, aínda que foi quen de atopar solucións puntuais. Sen grandes alardes ofensivos, o Sutenor foi capaz de seguir atopando espazos libres en situacións efectivas e, dende o extremo, perforou unha e outra vez a portería rival. A diferenza foise ampliando e o ritmo non diminuíu: un treito final frenético que beneficiou ao equipo local, que pechaba o encontro cun +8 no marcador.

Resultado final: BM Culleredo Sutenor 35 - BM Chapela 27

Un triunfo que non só reflicte a superioridade no marcador, senón sobre todo o extraordinario nivel defensivo e o compromiso total dun equipo que traballou unido, solidario e concentrado en cada acción, demostrando que cando a actitude é colectiva non hai límite que se resista.

Bm Culleredo Sutenor: Sara Fernández, Helena Portas, Maria Otero, Thais Villaverde, Alba Fernández, Sara Villar, Rosalia Veiga, Lola Romero, Aitana Gestal , Noa Otón , Afríca Gómez.

BM Chapela: Aroa Fernández, Sabela Fernandez, Sabela González, Sheila Cusi, Andrea Loira, Erika Sánchez, Daniela García, Alicia Barciela.

Parciais cada 5`: 2-2/3-3/7-5/9-7/13-10/17-14/20-16/15-19/29-22/32-26/35-27

Árbitros: André Pena y Daniel González

Incidencias: Xornada 13 da liga de Ouro cadete feminino , disputado no pavillón municipal de Almeira en Culleredo



Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *