
(SM) BM Culleredo - Lirón Teucro 80 Aniversario - YouTube
O BM Culleredo deixou escapar un encontro que dominou ata os derradeiros minutos para finalmente, ceder ante o Teucro, que se adiantou por primeira vez a menos de tres minutos do final. O equipo de Culleredo redescubríu a súa mellor faciana saíndo con forza á pista de Tarrío, cun alto nivel defensivo e sendo un estilete na transición. O seu ritmo desde o principio foi tan intenso que os visitantes se viron desbordados, ata o punto de que no minuto doce o adestrador visitante xa se vira obrigado a usar o seu segundo tempo morto (9-2). Esos sete goles de diferenza marcarían a máxima distancia que reflectaría o electrónico e voltaría a repetirse cun 11-4 cando se chegaba ao ecuador do primeiro acto. A partires de este momento os cullerdenses entrarían de cheo nun camiño de descontrol organizativo no seu ataque que remataría con dez minutos sin ver porta. O infortunio da lesión de Iván sumaba outro contratempo a esos instantes no que os problemas se acumulaban e deixaba a primeria liña sen un expoñente importante. O abuso das traxectorias ao centro acababan por espetar unha e outra vez contra o 6:0 dos pontevedreses, facilitando o labor da súa retagarda e provocando múltiples erros non forzados e perdas de balón. O BM.Culleredo estaba a sen ideas no posicional e non era capaz de dar continuidade hacia as zonas exteriores e aplicarse moito máis no xogo sen balón. O Lirón Teucro 80 aniversario aproveitaba o desconcerto para acercarse perigosamente ata un 11-10. Resistía o BM.Culleredo nestes últimos minutos e se sacudía as dúbidas con dous goles que lle daban unha importante vantaxe cando se chegaba ao descanso (13-11). O tempo de asueto foi salvador para un BM.Culleredo que necesitaba de recompoñer ideas e saír con novos folgos na reanudación. O equipo voltaría ao 40x20 do municipal de Tarrío e xa na primeria acción do segundo tempo conseguiría aumentar a diferenza ata os tres goles (17-14), pero un 1-4 de parcial poñía as táboas no marcador (18-18). O BM.Culleredo estaba a competir e o seu rival ainda non fora quen de poñerse por diante, pero continuaba amosando unha inquietante irregularidade no seu ataque que solucionaba máis por acertos individuais que por conseguir ese xogo colectivo que se facía necesario. Nesta situación de escaso control e de altibaixos, os cullerdenses voltarían a sumar un parcial de 4-0 para elevar a diferencia ata catro goles cando se chegaba ao meridiano desta segunda parte (22-18), unha distancia que facía albergar moitas esperanzas para afrontar o derradeiro tramo. O acerto individual sería o causante de conseguir esta nova renda, pero facíase evidente que para afrontar a batalla final, o equipo necesitaba unha mellora no seu xogo posicional que non chegaría. Os sucesivos erros acumulados nestes últimos quince minutos dilapidarían a vantaxe conseguida e cando as accións de lanzamentos individuais remataban fora do seu destino, as táboas voltaban rápidamente ao electrónico. Con máxima igualdade no marcador (25-25) e algo menos de dous minutos por xogar en superioridade, o BM.Culleredo tiña todo na súa man para poñer un pé na vitoria, pero a mala xestión do ataque cun xogador máis remataría con outro balón perdido que cambiaría de xeito definitivo as tornas en favor dos teucristas, que se adiantaban por primeria vez no partido. A falta de entendemento na seguinte acción defensiva e precipitación posterior no contragol, terminarían por ceder dous puntos que estiveron na mán dun BM.Culleredo que se mostrou competitivo ante un histórico como o Teucro, pero ao que lle faltou maior lucidez no seu ataque e mellor xestión do mesmo nos derradeiros minutos de xogo.
BM.Culleredo: 25 (14+15). Xoán Varela (P), Oscar Bello (P), Carlos Costa (1), Adrián Díaz (2), Alejo Martínez (3), Juan Pereira (1), Marcos Regueiro, Iván Sánchez, Iago Ferreiro (1), Roi García (1), Henrique Traba (7), Xoán Canedo (1), Mario Crecente (6), Pedro Pereira (1), Nuno Loxo (1), Marco García.
Lirón Teucro 80 Aniversario: 27 (17+21). Pablo González, Miguel Jiménez, Iago Rivas (3), Roi González, Andrés Pérez (2), Miguel Monteagudo (2), Caue Herrera (5), Evan De Lange, Iago Vidal (7), Martín Veiga, Martín González, Ricardo Antón González (2), Sergio Blond (1), Rhuan Marchete Pereira (1), David Pintos (2), Agustín Franco (2).
Parciais cada 5´: 4-1 / 7-2 / 10-4 / 11-5 / 11-9 / 13-11 / Descanso / 17-14 / 18-18 / 22-18 / 23-20 / 24-24 / 25-27 / Final.
Colexiados: Julio Villanueva e Pablo Torreiro.
Incidencias: 22ª xornada da temporada 2025/26 na 1ª nacional (Grupo A) . Partido disputado no pavillón municipal de Tarrío.
