
Previa da Xornada 22.02.26
SENIOR
Esta próxima fin de semana, o Bm Culleredo volve ao Pavillón de Tarrío para recibir na 22ª xornada do grupo A de 1ª Nacional ao histórico equipo da SD. Teucro. Os cullerdenses desexan resarcirse das últimas derrotas e recuperar novamente o bo facer e as sobresaintes sensacións que lles levaran a completar vinte puntos nas dezaoito primeiras xornadas. O mellor antídoto sería a vitoria ante os teucristas, aos que o Bm Culleredo poderían dar caza ao estar tan só dous puntos por encima na clasificación.
O equipo deberá de funcionar con maior regularidade ao longo dos sesenta minutos e eliminar esas desconexións que se veñen producindo en momentos puntuais nos últimos encontros. As melloras nas intencións no repregamento defensivo e as fixacións e continuidade do balón no posicional, parecen claves para elevar as prestacións e conseguir desta maneira o que sería un importante triunfo.
O partido disputarase no Pavillón de Tarrio ás 19:30h do sábado.
XM - GALAICO CARAVANING
O domingo á 13:00 os xogadores do Galaico Caravaning desprazaranse a Porriño para voltar a competición despois do parón do entroido. O equipo busca a continuidade na mellora defensiva dos últimos encontros, así como seguir medrando na efectividade no ataque posicional mostrado nas derradeiras xornadas.
XF - FISIOTERAPIA BENESTAR
Despois de encaixar dúas derrotas consecutivas o Fisioterapia Benestar quere volver ao camiño da vitoria. O encontro non será nada doado, xa que o Sedona quere que os dous puntos queden na casa para poder seguir loitando polo liderato. Unha vitoria daría un bó cambio de dinámica a un grupo que estivo a ser moi regular en tódala tempada. Non é nada doado e elas o están a conseguir , aínda queda moito e o Fisioterapia Benestar non dará nada por perdido.
CF - SUTENOR
Un encontro de alto nivel na liga ouro cadete feminino. Os 4 primeiros equipos apenas sepáranse por unha distancia moi curta. O domingo é un deses encontros onde non se xogan só dous puntos senón que poderían ser hipoteticamente 4 puntos. A loita e o orgullo que ten o Sutenor estará presente para, coma sempre, loitar tódolos encontros. Sabemos que o farán ata quedarse sen gasolina, e iso é unhas das cousas que non son fáciles de doar.
CM - CRISTALERÍA GESTAL
Tras xogar contra o equipo A de Arteixo, reciben os nosos ao equipo B, un duelo no que os nosos deben competir como no anterior encontro se queren levarse os 2 puntos. Debemos mellorala nosa defensa 5:1 e conseguir dende ahí cimentar unha vitoria que nos permita seguir medrando.
CF - CANOSA ABOGACÍA
Este domingo ás 18:00 recibirán as do Canosa Abogacía ao Bm Cañiza en Almeiras. As nosas que veñen encadeando unha serie de derrotas queren darlle a volta a esta situación e levarse os próximos dous puntos. Para iso será moi importante a intensidade defensiva así como a solidaridade, no ataque deberán de aumentar o ritmo de xogo e mellorar a eficacia dos pases e lanzamentos que tanto están a lastrar o ataque deste equipo nos encontros anteriores.
IM - ÓPTICA GALLAECIA
Desprázanse o sábado pola mañá os nosos infantís a Lugo para continuar coa competición de Liga Prata. Os nosos chegan nun momento irregular, no que a defensa lucense será un obstáculo compricado de superar.
IF - REMAX RIAZOR
O Remax Riazor busca unha reacción , e que mellor lugar que o Pavillón de Almeiras para encauzar un cambio a nivel competitivo que necesitáse para ese cambio de dinámica. As nosas miniguerreiras levan esforzandose moito e sobretodo con sempre con moito compromiso , algo inaludible . Elas queren recompensar cun esforzo grande a toda a afección que estará ahi coma sempre o pé do cañón.
FORZA CULLE!!
