
O Sutenor segue o seu camiño , consegue dous puntos con moito sudor e esforzo. Iso é realmente o que vale a pena.
As nosas saíron concienciadas de non relaxarse, tendo na viso traseiro o final do encontro da semana pasada. Pese a ter algunha dúbida a nivel defensivo nos primeiros compases , co paso dos minutos esas dúbidas convertironse en solidez. Frear os 1x1 era fundamental para poder encamiñar o encontro e asi foi. O equipo local ainda así estaba a crear moito perigo sobretodo nas zonas exteriores onde se estaban a conceder moitos lanzamentos. Lanzamentos que na outra portería e xusto nas zonas exteriores o Sutenor estaba a ter algún que otro erro pero subsanábase co traballo defensivo que foi moi disciplinado . Unha mágoa o erros de lanzamento xa que os procedementos e as accións dde xogo estaban a ser moi correctas e iso dí moito do traballo táctico que están a demostrar estas xogadoras.
Resultado ao descanso : Bm Sanxenxo 15- Bm Culleredo Sutenor 19
No descanso o xogo estivo moi trabucado nos primeiros compases , sobretodo a nivel ofensivo onde os lanzamentos seguían e ser errados por parte do Sutenor que non conseguía romper o encontro . A falta de verticalidade a hora de atacar a defensa 6:0 tamén estaba a ser un pequeno lastre pero que se solucionou pouco a pouco. O xogo colectivo inicial para finalizar de forma individual estaba a dar benéficio ou situación moi correctas que en moitos momentos non se solucionaban pero as bases estaban a ser as ideais. Na fase defensiva concederonse moitos lanzamentos na zona exterior , e iso fixo que o Sanxenxo non se descolgara do encontro,aínda así o nivel defensivo foi moi correcto e da folgos para poder enfrontárse a o Chapela a semana que ven. Un encontro da semana que ven que será un desos encontros que toda xogadora quere estar presente .
Resultado o final do encontro: Bm Sanxenxo 29 - Bm Culleredo Sutenor 32
Bm Sanxenxo: Lúa Rodiño, Sara Salomon, Ainara Portela, Alexia Mosquera, Lia Fernández, Sabela Outón, Sara Novas, Laura Conde, Manuela Padín, Irere Torres,Laura Conde, Clara Fernández.
Bm Culleredo Sutenor: Sara Fernández, Helena Portas, Maria Otero, Sara Villar, Rosalia Veiga, Thais Villaverde, Alba Fernández, Aitana Fernández.Sofía Meijide, Lola Romero, Noa Otón y África Gómez.
Árbitros: Christian Fraimil y Zaira Otero.
Incidencias: Xornada 12 da liga de Ouro cadete feminino disputado no pavillón municipal de Vilalonga, Sanxenxo.
