Saltar ao contido

UNHA DERROTA AMPLIA EN PONTEVEDRA ONDE O REMAX RIAZOR XA PENSA NA REACCIÓN

O Remax Riazor buscaba esta fin de semana cambiar a dinámica de xogo proposta no encontro anterior pero non foi posible o Cisne dende o primeiro minuto foi moi por diante en todalas fases do xogo .

Na Fase defensiva o Remax Riazor estivo moi pasivo , sempre esperando o ataque local que superaba a defensa con velocidade , forza e táctica de xogo . Os retos de 1x1 tanto en desmarque ou en finta estaban a crear moita problemática a defensa culleredense. E no ataque as pérdidas sen atacar , a pouca reactividade na anticipación ofensiva estaba a lastrar o equipo cullerdense que non tivo reacción . O equipo o intentabao , o esforzo estaba presente pero quizáis non era suficiente para poder facer fronte o Cisne.

Resultado ao descanso : BM Cisne 18 - Bm Culleredo Remax Riazor 8

Na segunda metade houbo un pequeno cambio , pero non suficiente , as interceptacións aparecían pero non foron suficientes . As axudas defensivas seguían a ser inexistentes e nun deporte colectivo a solidaridade e fundamental . As nosas o intentaron de todalas maneiras , o compromiso nunca faltou , nunca se renderon e iso e o camiño que hai que seguir , o equipo rival foi mellor , non pasa nada , toca volver o noso traballo e mirar por nós. O encontro seguiu o curso cun equipo local que conseguía o éxito tanto no ataque como na defensa .

Resultado o final do encontro: Bm Cisne 28 - BM Culleredo Remax Riazor 18 .

Bm Cisne: Ines Casal, Vega Hernández, Sabela Carrera, Paula Montero, Laura Fariña, Catalina Mata, Sophie Rodriguez, Sabela Baltasar, Sofia Buceta y Antía Buceta.

Bm Culleredo Remax Riazor: Aldara Allegue, Mariña Garaboa, Olivia Pan , Aroa Bestilleiro, Uxia Seoane, Candela Tizón, Andrea Muñoz, Paula Gándara, Martina Villaverde, Lucía Peña.

Árbitros:Oscar Baltar y Raúl González

Incidencias:Xornada 12 da liga de ouro infantil femenina , disputada no pavillón da Xunqueira en Pontevedra.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *