
Enlace Do Partido: BALONMANO | 1ª NACIONAL | CALVO XIRIA vs BM. CULLEREDO
O BM.Culleredo non foi capaz de impoñerse ao Calvo Xiria e cedeu os dous puntos nun segundo tempo no que sempre foi a remolque. O derbi desta 21ª xornada adiantado ao Xoves non mostrou a calor doutras ocasións, debido quizá a disputarse entre semana, á hora fixada ou a que ambos os equipos navegan nunhas posicións solventes na clasificación sen apreturas nin abafos. Fose por unha causa ou outra, o enfrontamento comezou máis frío do habitual, cun conxunto local tomando a dianteira no electrónico e un BM.Culleredo a rebufo, esperando o seu momento. A loita iso si, era constante e non daba tregua. O Calvo Xiria expoñía o seu mellor momento con dous parciais seguidos de 4-2 cando nos adentrabamos no ecuador, pero o BM.Culleredo respondía cun contundente 0-7 para conseguir a súa primeira vantaxe e dominar pola mínima no tempo de descanso (14-15). A diferencia podía ser maior se o último balón deste primeiro acto non se estrelase no pau co porteiro local xa vencido, pero o importante era a boa dinámica coa que o conxunto cullerdense chegaba ao tempo de asueto.
Na continuación, o Calvo Xiria non tardaría en conseguir a igualada e aos cinco minutos xa tomaba de novo a dianteira (17-16). O BM.Culleredo tentaba agarrarse de novo ao partido, pero as múltiples exclusións (oito, por dous do Calvo Xiria) non permitían que os de Culleredo acabasen por asentar a retagarda de forma regular. Co paso dos minutos facíase evidente que o equipo non se acababa de atopar cómodo e a frustración comezaba a facer efecto nalgunhas pasaxes do encontro. A diferenza acabaría por incrementarse neses minutos finais e os dous puntos quedarían na capital de Bergantiños.
Calvo Xiria: 33 (14+19). Antonio Gómez (P), Darío J. Calviño (P) (1), Esteban Puñal (1), Gabriel Castiñeiras (1), David García (1), Pablo Veiga (2), Julián García (10), Hugo Rodríguez (1), Samuel Veiga (3), Julián López (1), Daniel Periscal (5), Jorge Bouzas (3), Mario García De Seárez, Carlos Varela, Marcos Varela (1), Senén Garea (3).
BM.Culleredo: 27 (15+12). Marco González (P), Oscar Bello (P), Carlos Costa (2), Adrián Díaz (1), Mario Crecente (3), Marcos Regueiro, Henrique Traba (7), Juan Pereira (2), Darío Pérez, Iván Sánchez (3), Iago Ferreiro (5), Marco García, Nuno Loxo, Xoán Canedo, Pedro Pereira (3), Alejo Martínez (1).
Parciais cada 5´: 3-1 / 6-4 / 10-6 / 14-8 / 14-12 / 14-15 / Descanso / 17-16 / 21-19 / 24-20 / 27-22 / 30-24 / 33-27 / Final.
Colexiados: Carlos Alonso e Marta González.
Incidencias: 21ª xornada da temporada 2025/26 na 1ª nacional (Grupo A) . Partido disputado no municipal Vila De Noia de Carballo.
Fotos Do Partido: https://photos.app.goo.gl/ZN5ugQw7Q3UdZpsv6
