Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

Previa da Xornada 15.02.26

SENIOR

O Calvo Xiria e o Bm Culleredo adiantan o derbi da xornada 21ª ao Xoves 12 de Febreiro. Será un duelo con ambos conxuntos loitando en zonas cómodas da clasificación e separados por tan só tres puntos. Un partido por tanto sen apreturas por parte de ningún equipo que poderán expoñer todo o seu potencial e saber facer sen maiores responsabilidades clasificatorias. Ben é certo que os cullerdenses continúan sen poder contar con xogadores importantes del seu plantel, xa que as lesións ameazan de forma insistente a estas alturas da temporada, pero os xogadores dispoñibles están concienciados e motivados para poder revertir os resultados das últimas tres semanas e volver a senda da vitoria.

O encontro disputarase ás 21:00h no Pavillón Vila de Noia.

XF - FISIOTERAPIA BENESTAR

Este sábado xogan as do Fisioterapia en Tarrio recibindo ao Bueu. Trala derrota da semana pasada queren as cullerdenses volver a atoparse coa vitoria e para iso levan traballando toda a semana.

CF - SUTENOR

O Sutenor busca seguir co aprendizaxe unha semana máis , nesta ocasión o rival será o Sanxenxo que pese a estar último na clasificación ten moito perigo, os ataques directos son a súa arma. O Sutenor deberá de parar esos ataques directos para poder estar a altura do encontro. As nosas están a adestrar moi ben e iso é un gran impulso para xogar o encontro.

CM - CRISTALERÍA GESTAL

Desprázanse a Arteixo este sábado ás 18:15 os rapaces do Cristalería para medirse ao equipo máis forte do grupo. Deberán os nosos dalo 100% se queren competir para frealos fortes xogadores do Arteixo. Dende logo será un encontro marcado pola dureza defensiva e no que a nosa fase de contraataque será crave para poder sacar 2 puntos

CF - CANOSA ABOGACÍA

O Canosa Abogacía xogará este xoves en Carballo, iniciando a segunda volta da 2ª Fase da Liga prata polo título. O Xiria, rival directo en táboa non poñerá o partido fácil e as cullerdenses deberán saír a pista moi concienciadas de solucionar os erros de xornadas anteriores e de ser constantes e regulares durante todo o partido se queren levarse os dous puntos.

IF - REMAX RIAZOR

O Remax Riazor viaxa a Pontevedra para enfrontarse ao Cisne no que será un encontro moi intenso onde as nosas queren demostrar que están a adestrar con moita conciencia. Pasiño a pasiño é unha das claves deste equipo.

FORZA CULLE!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *