
A tarde do Sábado deixounos no municipal de Almeiras o partido mais serio e de maior intensidade do noso equipo xuvenil.O rival desta vez foi a A.D.Carballal, equipo vigués que foi campeón do seu grupo na 1° fase ligueira.
O encontro comezou co equipo cullerdense moi serio na defensa , con moitas anticipacións e roubos de balón que permitían sair ao contragolpe e conseguir gol de forma sinxela.Nos primeiros intres do encontro a vantaxe xa era de 6 goles nos primeiros 10 minutos.Os nosos xuvenís non levantaron o pe do acelerador e seguiron na mesma liña para así aumentar as vantaxes. O vigués non encontraba moitas solucións para superar a defensa local e cando eran capaces de lograr boas opcións de lanzamento aparecería a nosa portería para frenar as opcións do equipo vigués.
Chegouse ao descanso cunha renda pata o equipo cullerdense de 13 goles.
Na 2° metade non houbo moita historia , os xogadores locais cunha profundidade de banquillo moito mais amplia, aumentaba aos poucos a vantaxe no marcador.O equipo visitante pelexaba por intentar disminuir a diferencia pero foilles imposible xa que o nivel amosado por todos os integrantes do plantel cullerdense foi tal que resultou imposible para os vigueses.
Balonmán Culleredo Galaico Caravaning.43(22+19).Hugo Díaz,Mateo,Iago,Hugo Bermúdez, Jairo,Roi,Hugo Rodríguez, Fabián,Adrián, Jorge ,Hugo Bregua, Xoan ,Teo ,Diego,Alexis e Teo Gómez.
A.D.Carballal.27(9+18):Bruno, Teo,Xoel,Alex,Bruno,Alfonso,Xabier,Yoel,CarlosArtai,Hugo e Xose.
Colexiados :Ari Pacheco
Incidencias:Encontro disputado no municipal de Almeiras xa que debería de xogarse en Tarrio pero as inclemencias meteorolóxicas e o lamentable estado da instalación impedían disputar o encontro.
