
Tiña o Fisioterapia Benestar unha gran oportunidade para manter o liderato pero non puido ser, o xogo lento en ataque con moito bote e sen velocidade non puido vencer a defensa 6:0 do equipo de Redondela que estivo moito máis activo nesta fase . Unha fase denfensiva onde o equipo cullerdense non estivo atinado en moitos momentos , sobretodo xogando o 2x2 co pivote, a falta de lanzamento exterior requiería menos profundidade e máis control sobre o pivote e as portas que defender , isto fixose nalgún momento pero foi insifuciente sobretodo nos minutos finais da primeira metade onde o equipo visitante iase con 5 goles de ventaxa .
Resultado ao descanso :Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 8- Choqueiras de Redondela 13
Na segunda metade o equipo estuvo algo máis regular o balón circulaba máis rápido pero aínda así non se conseguían situacións claras de gol , pero quizáis a fase defensiva era o que máis tiña valor , e é ahí onde estivose irregular novamente para poder controlar o xogo co pivote do equipo rival .Un xogo co pivote que foi un quebradiero de cabeza . Os lanzamentos dende o extremo do equipo rival foi outro factor clave, o equipo sufría moito en accións simples, pero aínda asi a actitude dos minutos finais fixo apurar e apretar o marcador unha mágoa o final do encontro onde non se puido puntuar .
Resultado final: Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 23- Choqueiras de Redondela 24
Bm Culleredo Fisioterpapia Benestar:(8+15) Aldara Piñeiro, Antia Fernández, Paula Peteiro, Maria Otero, Daniela Pérez, Lola Romero, Adriana Vázquez, Luana Gómez,Carmela Erias, y Claudia Regueiro.
Choqueiras de Redondela(13+11): Xulia Lovera, Berta Couñago, Adriana Bouzón, Hannah Moreira, Irene Castro, Lucia Brioso, Sara Iglesias.
Parciais cada 5`: 2-2/5-3/7-5/8-8/8-10/8-13/9-14/11-15/13-17/15-20/18-22/23-24
Árbitros: Victor Pérez y Daniel Arias
Incidencias: Xornada 4 da liga de prata xuvenil femenino , criteiro olímpico.
