
O encontro estivo marcado polas dificultades defensivas do equipo, especialmente no xogo de un contra un fronte a unha xogadora rival moi determinante, así como no control do pivote, onde custou anticiparse e axustar as axudas. Estes desaxustes permitiron situacións claras para o rival, obrigando a un esforzo constante da defensa.
En ataque, o ritmo foi excesivamente lento por momentos, con abuso do bote e pouca verticalidade nas accións. Faltou decisión á hora de atacar os espazos e isto traduciuse en problemas para xerar ocasións claras de gol. Ademais, houbo fases con pouca claridade no lanzamento, con eleccións pouco acertadas que impediron dar continuidade ao xogo ofensivo.
Resultado ao descanso : Bm Culleredo Sutenor 14 - Choqueiras de Redondela 12
Na segunda metade, o Sutenor chegou a acadar unha vantaxe de ata oito goles, dominando o encontro tanto no xogo como no marcador. As situación defensivas co pivote estaban a ser controladas e no ataque conseguianse goles aínda asi por zonas que non son moi eficaces pero o xogo colectivo estaba presente.Porén, a falta de 10 minutos produciuse unha desconexión que foi aproveitada polo rival para reducir diferenzas e igualar o partido, xerando un final cheo de tensión. Xa nos últimos instantes, cun penalti en contra a falta de dez segundos, Helena, a porteira neste encontro , volveu ser decisiva cunha gran parada. Aínda houbo tempo para unha última acción ofensiva que rematou cun gol sobre a bucina, dando a vitoria ao equipo nun final épico e inesquecible.
Gran esforzo do Sutenor pese a ter dúas baixas moi importante no esquema do equipo , isto é para darlle valor o equipo xa que non é nada doado xogar con baixas importantes .
Hai que seguir traballando para o futuro e iso só se consegue cun proceso a longo prazo.
Resultado o final do encontro: Bm Culleredo Sutenor 29- Choqueiras de Redondela 28
Bm Culleredo Sutenor(14+15):Helena Portas, Sara Fernández, Claudia Soto, María Otero, Aitana Gestal, África Gómez, Lola Romero, Alba Fernández, Thais Villaverde, Noa Otón y Sara Villar.
Choqueiras de Redondela(12+16): Lia Barral, Ana Taboas, Julieta Otero, Candela Iglesias, Berta Couñago, Adriana Bouzón, Cecilia Bouzón, Sara Iglesias, Irene Castro, Ines Barreiro, Lucía Brioso.
Parciais cada 5`: 1-2/5-3/7-4/10-6/12-10/14-12/17-13/22-16/26-17/27-20/28-24/29-28
Árbitros: Daniel Arias y Victor Pérez.
Incidencias: Xornada 11 da liga ouro cadete feminino.
