
Duro encontro para o Remax Riazor que viuse sobrepasado no encontro desta fin de semana ante as Choqueiras de Redondela.
A velocidade de xogo individual e colectivo fixo mella na defensa avanzada do equipo cullerdense que non deu coa clave para poder frear o equipo de Redondela.
O Remax Riazor apostou por unha defensa 3:3 aberta que deixou aprendizaxes importantes para o futuro.Faltaron axudas entre as compañeiras e un puntiño de intensidade, tanto a nivel individual coma colectivo, algo normal nun equipo xoven que sigue crecendo encontro a encontro.
Aínda asi , estas situaciones sirven para entender mellor o xogo , aprender a defender o espazos abertos xuntas e dar pasos firmes para a mellora.
Na primeira parte, a fase ofensiva estivo algo parada, con poucas situacións de movemento sen balón e sen a continuidade necesaria nas accións. O Remax Riazor recibía moitas veces en estático, faltaban distancias entre as xogadoras e custou darlle fluidez ao xogo. A isto sumouse un elevado número de lanzamentos fallados, algo habitual en categorías de formación, onde cada partido serve para gañar confianza, aprender a tomar mellores decisións e seguir medrando como equipo.
Resultado ao descanso : Bm Culleredo Remax Riazor 9- Choqueiras de Redondela 20
Tras o descanso non houbo unha mellora significativa no xogo ofensivo, pero o equipo intentou aplicar algunhas correccións. Seguiu faltando mobilidade sen balón e continuidade nas accións,no Remax Riazor aínda que as xogadoras non deixaron de loitar e de buscar solucións sobre a pista. Estes partidos, aínda que duros, forman parte do proceso de aprendizaxe dun grupo novo que segue acumulando experiencia para afrontar o futuro con máis confianza.
Si se apreciou unha lixeira mellora no traballo defensivo, con máis intención á hora de pechar espazos e algunha axuda máis entre compañeiras. Aínda que non foi suficiente para cambiar o rumbo do marcador, o equipo deu pequenos pasos adiante , demostrando que, con traballo e paciencia, esta defensa pode converterse nun punto forte no futuro.
Resultado ao final do encontro: Bm Culleredo Remax Riazor 21 - Choqueiras de Redondela 42
Bm Culleredo Remax Riazor(9+12): Aldara Allegue , Mariña, Olivia Pan, Sabela Lamas, Salma Martinez, Andrea Muñoz, Candela Tizón, Uxia Seoane, Sofía Orge, Aroa Bestilleiro, Lucia Peña,Marina Villaverde.
Choqueiras Redondela(20+22): Lia Barral , Cecilia Bouzón, Lidia Ferro, Julieta Otero, Mekdes Rosalia, Sara Muiños, Lucia Freaza, Uxia García, Ana Taboas, Rosalia Freaza.
Parciais cada 5`: 3-3/4-8/5-12/5-16/9-20/11-26/14-32/17-35/18-38/21-42
Árbitros: Daniel Arias y Victor Pérez
Incidencias: Xornada 11 da liga infantil femenina liga ouro .
