
Previa da Xornada 08.02.26
SENIOR
Segundo partido consecutivo do Bm Culleredo actuando como local o que se disputará este sábado ás 19.30 no Municipal de Tarrío. Os cullerdenses traballan arreo para recuperar algúns dos moitos efectivos que causaron baixa por lesión en semanas anteriores e, desta forma, poder completar unha convocatoria de garantías para poder sacar os dous puntos ante o Bueu Atl. Balonmán. Os do Morrazo son un conxunto que practica un balonmán veloz e dinámico, moi vistoso para o espectador e nas súas filas conta cun xogador querido da canteira do Bm Culleredo como é Samuel Seijas. A defensa debe de ser de novo a base onde se cimente unha posible vitoria dos locais, que desexan sumar dous novos puntos e desta forma recuperar sensacións e continuar preto desa cuarta e quinta praza.
XM - GALAICO CARAVANING
O sábado ás 17:15 no Municipal de Tarrío, teremos a visita do A.D Carballal, encontro que se espera disputado e moi igualado entre dous conxuntos que de seguro amosarannos un bo nivel de balonmano.
Os culleredenses deberán dar continuidade os minutos de bo xogo das pasadas xornadas e intentar minimizar os erros nos lanzamentos dende os 6 metros que tanto lastran o equipo no momento de intentar finiquitar os encontros.
XF - FISIOTERAPIA BENESTAR
O líder quere ser máis líder pero cada partido e unha guerra nova, todo aínda está por decidir , para iso hai que ir pasiño a pasiño.
CM - DESPREOCÚPATE.ES
O Bm Culleredo Despreocúpate.es debe de sumar esta fin de semana os dous puntos en xogo ante o Bm Reconquista de Vigo para continuar loitando no alto da táboa clasificatoria. Despois da derrota da semana pasada en Bueu, os cullerdenses colócanse segundos, a dous puntos do primeiro, pero tres equipos séguenlles agora de cerca, con tan só a diferenza dun partido. Nesta loita encarnizada polo campionato, o Bm Culleredo non debe de ceder e vese obrigado a superar aos olívicos.
O partido disputarase o domingo á 13:00h no Municipal de Tarrío.
CF - SUTENOR
Encontro trampa para o Sutenor que non quere relaxarse neste primeiro tramo da segunda volta. O equipo leva dúas semanas cunha dinámica defensiva moi boa e iso hai que aproveitalo.
CM - CRISTALERÍA GESTAL
Recibe o Cristalería Gestal ao Viveiro nun encontro que os nosos queren que sirva para volver á senda do bo xogo na que estábamos. Os de Lugo veñen cun potente equipo que nos esixirá ao 100%, polo que os nosos non poderán frouxear, sendo máis solidarios en tarefas defensivas e máis efectivos nos 6m rivais.
CF - CANOSA ABOGACÍA
O sábado o Canosa Abogacía desprazarase a Vigo para xogar fronte o Lavadores á 13:00h. Non será un partido nada doado e, a pesares do bo partido da xornada pasada, tocaralles ser disciplinadas no traballo defensivo e contundentes, así como mellorar e reducir as perdidas de balón no ataque de xornadas pasadas.
IM - ARES Y FUERTES
Tralo caótico encontro de Bueu, están a traballar os nosos esta semana para que se vexa un bloque máis sólido en defensa. Toca dar un cambio de actitude e volver ao bo camiño que estabamos a levar trala volta de Nadal.
IF - REMAX RIAZOR
As nosas miniguerreiras seguen a adestrar a tope e queren seguir competindo todo o posible. Nesta ocasión o rival non será nada doado coma acostuma nunha liga ouro. O equipo tivo unha boa dinámica de adestramentos e quere demostrarlo.
IM - ÓPTICA GALLAECIA
Reciben os nosos este sábado aos veciños do OAR, nun partido no que os nosos buscan resarcirse do anterior en Ribeira. A mellora defensiva debe verse dende o primeiro intre se queremos frealas acometidas dos coruñeses e poder competir polos 2 puntos.
FORZA CULLE!!
