Saltar ao contido

Os erros de lanzamento cústanlle 2 puntos ao Cristalería Gestal

Desprazábanse os nosos cadetes do Bm Culleredo Cristalería Gestal a Narón para medirse aos locais nun encontro que se antoxaba compricado.

Comezaba o encontro cos nosos perdendo numerosos balóns por precipitarse na parcela ofensiva. A pesares disto, conseguíamos traballar ben no repliegue para cerralas opcións locais de rompelo encontro nestos primeiros compases.

Co paso dos minutos serían os nosos quen de xogar máis largo e con máis acerto, pero os erros de lanzamento fronte ao porteiro local sucedíanse un tras outro e facían que non puidésemos irnos no marcador. A nivel defensivo, os erros da nosa 5:1 ante a traxectoria dos laterais ao centro estaban a costarnos caros, xa que a pasividade dos avanzados e a pouca profundidade do noso central defensivo estaba a permitir lanzamentos a media distancia con efectividade para os locais. Con isto iríamos ao descanso 1 gol arriba no marcador.

Na segunda parte iniciábamos con outra actitude e parecía que os nosos comezaban a dominalo encontro, pero cando mellor estaban a xogar os nosos volvemos a acumular numerosos erros de lanzamento que nos lastraban e mantiñan aos locais sempre no encontro.

Cun marcador igualado nos intres finais, conseguían os de Narón realizar 2 boas accións defensivas que lles valían para sumar 2 puntos.

Toca seguir remando e aprendendo, de seguro que no partido de volta poderemos competir mellor!

Asesoría Prego Balonmán Narón: 35 (15+20) Javier, Ismael, Onán, Alejandro, Duarte, Daniel, Anxo, César, Marcos, Manuel, Emilia, David, Bruno, Pedro, Claudia e Hugo.

Bm Culleredo Cristalería Gestal : 33 (16+17) Francisco, Javier, Hugo Fariña, Aitor, Xurxo, Mauro, Hugo Jiménez, Aarón, Antón, Jacobo, Samuel, Mario, Guillermo e Beltrán.

Árbitros: Pablo Torreiro e Belén García.

Incidencias: Partido correspondente á 5ª xornada da segunda fase da Liga Prata cadete masculina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *