Saltar ao contido

O Óptica Gallaecia sufre unha dura derrotra en Ribeira

Desprazábase o domingo Óptica Gallaecia a Ribeira para enfrontarse a un dos equipos máis difíciles do noso grupo. O Ribeira é un equipo máis físico e que plantexa unha cerrada defensa 6:0 que de momento é moi difícil de atacar para os nosos, xa que non acostuman a enfrontarse a elas.

Comezaban os nosos moi dubidativos en ataque, sen ter moi claro como actuar ante a defensa local, que aproveitaba os nosos erros para poder saír en rápidas transicións á nosa portería. Nestos primeiros compases a suma da superioridade física local, cos despistes dos nosos, permitían que gañasen con facilidade accións de ataque en apenas uns segundos. A falta de axudas era notable e o resultado reflictía a situación.

Comezaban os nosos a espertar e co paso dos minutos iríamos sendo capaces de xerarlle problemas aos locais, que vían como os nosos extremos conseguían finalizar con espazos de forma contíua ainda que sen a efectividade desexada.  A nivel defensivo, espertaban os nosos, que ainda sendo superados pola diferenza física, amosaban unha actitude moi diferente que valía para sentirnos que realmente podíamos competir cos locais.

A segunda parte estaba a ir moi ben ata os derradeiros 15 min, donde unha descalificación e os erros de lanzamento remataban por cerralo encontro a favor duns locais moi combativos que nunca perderon a cara ao encontro.

Hai que destacar que a pesares das dificultades, dos erros e do resultado, todos os xogadores do Óptica Gallaecia estiveron sempre con disposición a seguir loitanto e eso é algo que non se adestra, toca seguir rapaces!

Toxo Telecom Balonmán Ribeira: 35 (24+11) Hugo, Marco, Jorge, Pablo, David, Jose, Andrés, Iván, Erik, Dany, Adrián e Héctor.

Bm Culleredo Óptica Gallaecia: 19 (12+7) Oliver, Darío, Adán, Nicolás Morís, Xabier, Mateo, Adrián Alejandro, Guillermo, Leo Martínez, Leo González, Adrián Prado, Iker e Nicolás Iglesias.

Árbitro: Raul González.

Incidencias: Partido correspondente á 4ª xornada da segunda fase da Liga Prata infantil masculina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *