Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

Previa da Xornada 01.02.26

SENIOR

O Bm Culleredo recibe ao líder da categoría nun partido de máxima esixencia e terá que alcanzar as mellores prestacións e rexistros para poder competir ante un conxunto sólido e firme que conta os seus partidos por vitorias. Para os cullerdenses será máis difícil aínda, xa que afrontan o envite con ata cinco
baixas por diferentes motivos e catro xogadores entre algodóns con molestias. Con todo, a ilusión e o gran espírito competitivo mostrado polo equipo de Culleredo nesta tempada, debe de levar ao grupo a superarse ante estas adversidades e ofrecer unha gran impresión sobre o parqué do Municipal de Tarrío.

O partido disputarase o sábado ás 18:30h.

XM - GALAICO CARAVANING

O sábado ás 11.30 en Oleiros os nosos xuvenís xogarán o derbi local ante o Balonmán Atlántico.

Encontro vital para as aspiracións dos nosos se queren seguir loitando por poder gañar a competición e continuar co bo xogo da pasada xornada.

XF - FISIOTERAPIA BENESTAR

As nosas xuvenís parten á A Cañiza para disputar un dos encontros máis compricados da tempada. Despois de sufrir a primeira derrota do ano no último encontro en Almeiras, as nosas guerreiras queren seguir enganchadas aos postos altos e poder loitar por eles no tramo final ligueiro. É unha viaxe longa e o equipo viaxará con moitas baixas pero ante as adversidades sabemos que estas nenas son capaces de calqueira cousa.

CM - DESPREOCÚPATE.ES

O Bm Culleredo Despreocúpate.es afronta esta fin de semana unha esixente cita onde os cullerdenses, segundos e colíderes na clasificación, visitan ao quinto clasificado, que persegue de cerca ao conxunto de Culleredo. A vitoria sería un paso importante para que o Bm Culleredo Despreocúpate.es poña unha distancia importante neses postos altos da táboa, pero para iso haberá que render de forma sobresainte na retagarda ante un conxunto que chega á cita pleno de moreira grazas á súa vitoria ante o primeiro clasificado.

O encontro disputarase o domingo ás 10:15h no municipal Pablo Herbello de Bueu.

CF - CANOSA ABOGACÍA

As cadetes do Canosa Abogacía reciben este sábado ás 12:00 en Almeiras ao Bm Caselas, equipo que vai primeiro clasificado de grupo. As cullerdenses que veñen de encadear unha serie de derrotas teñen a oportunidade de frear esa racha, máis non será un encontro nada sinxelo e deberán saír coa actitude e intensidade correspondente, así como conseguir solventar os erros defensivos das xornadas pasadas.

CM - CRISTALERÍA GESTAL

Xornada de sábado na que o Cristalería Gestal se desprazará a Narón buscando seguir na liña ascendente que levan nas derradeiras xornadas e que tentarán referendar con resultados.

IM - ARES Y FUERTES

Desprazamento de alta dificultade o que debe afrontar o Ares y Fuertes este domingo. Os de Bueu veñen facendo as cousas moi ben e serán unha dura proba sobre todo para a nosa defensa que deberá ser moi solidaria se quere poder frear o potente equipo local.

IM - ÓPTICA GALLAECIA

Desprazarase este domingo a Ribeira un Óptica Gallaecia que ven facendo moi ben as cousas e queren dala cara nunha pista moi compricada como é a Fieiteira. Deberán os nosos facer un partido de 10 para poder puntuar e desta forma seguir dando pasiños no seu crecemento como xogadores!

FORZA CULLE!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *