Saltar ao contido

O CANOSA NON CONSIGUE LEVARSE OS DOUS PUNTOS

O sábado recibían as cadetes do Canosa Abogacía ao Bm Asmubal Meaño en Almeiras.

Como era de esperar, e sobre todo nesta primeira parte, o partido estivo moi igualado en cada acción. As cullerdenses saíron cunha defensa 6:0 a cal permitíalles chegar máis fácil as axudas e que as rivais non viran espazos claros, o que as obrigaba a buscar o lanzamento exterior. Na parte ofensiva cada vez que as do Canosa aumentaban a velocidade e a intención de finalizar aparecían ocos para continuar o balón e entrar sen apenas oposición.

Resultado ao descanso: Bm Culleredo Canosa Abogacía 13 - Taberna Os Arcos Asmubal Meaño 14.

Na segunda metade o Canosa comezou a sufrir máis fisicamente e iso viuse reflictido en certas situacións defensivas onde non conseguían frear as rapazas do Meaño nos 1x1 e nas vasculacións da zona central, o paso a unha defensa máis aberta ao final do partido perxudicou as nosas. Aínda así as rapazas do Canosa seguiron competindo e sendo resolutivas en ataque.

Agora toca pensar no encontro da semana que ven, onde reciben ao Caselas, equipo que vai primeiro de grupo, e que promete un partido intenso.

Resultado ao final: Bm Culleredo Canosa Abogacía 31 - Taberna Os Arcos Asmubal Meaño 37.

Parciais cada 5´: 2-2/ 4-4/ 7-7/ 11-8/ 12-12/ 13-14 // 17-17/ 20-22/ 22-26/ 25-27/ 27-32/ 31-37.

Bm Culleredo Canosa Abogacía: Aldara Allegue, Alba Romero, Aroa Bestilleiro, Aroa Martínez, Carmen García, Cintia Míguez, Elena Aneiros, Eva Outón, Helena Portas, Sara Villar, Sofía Meijide, Uxía Seoane, Yasmín Gabarri.

Taberna Os Arcos Asmubal Meaño: Victoria González, Paloma González, Sara Lamelas, Lara Serantes, Carla Meis, Elena Veiga, Emma Sabaris, Antía Fariña, Sabela Muñiz, Emma Caneda, Alba Peña, Iria Padín.

Árbitra: Víctor Pérez.

Incidencias: Xornada 5 da segunda fase da Liga Prata Cadete Feminina (grupo D), disputada no Pavillón Municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *