
O Remax Riazor viaxaba a Porriño para enfrontarse a un dos rivais máis en forma da categoría e posiblemente aspirante ao titulo ligueiro. Recordando que no encontro de ida o Remax Riazor gañou este encontro pero sabendo que nesta ocasión a situación ia ser totalmente diferente.
E así foi ,un dominio absoluto en todalas fases do xogo , tanto a nivel defensivo coma ofensivo. Os dous equipos propoñian o mesmo sistema defensivo , un 3:3 profundo para poder interceptar ou alexar o rival da porteria . As nosas non estiveron moi atinadas na fase ofensiva , o balón non se circulaba rápido e habia moitas imprecisión , a maiores dun xogo case individual que non estaba a beneficiar . Moitos problemas na fase ofensiva para o Remax Riazor que tan só conseguía marcar 5 goles na primeira metade.
Na fase defensiva 19 goles en contra, a actitude en fronte do balón era moi baixa nos duelos 1x1 e non existía a solidaridade coa compañeira colidante para facer a axuda, só nuns momentos concretos isto apareceu pero quizáis foron pequenos rasgos do que se leva adestrando moito tempo. As desconexións e o impetu de poder defender a porteria non estaban presentes e isto pagábase moi caro na primeira metade.
Resultado ao descanso : Bm Porriño 19- Bm Culleredo Remax Riazor 5
Na segunda metade e con moito que facer realizaouse un cambio de sistema defensivo . Pasouse a un 5:1 que levase traballando nestas últimas semanas e con moito traballando aínda por diante o Remax Riazor saiu beneficiado nesta ocasión. Moitos erros no sistema , algo normal a estas alturas pero con boas sensación por momentos. O Remax Riazor conseguía eficacia defensiva, non só retrasando o xogo rival senon tamén provocando erros e na súa consecuencia recuperacións de balón.
No ataque cambiouse a proposta ofensiva quizáis a priori sen moita eficacia pero intentando xerar algo a partires dunha disciplina táctica que é algo no que o Remax Riazor sufre . As accións individuais seguían a estar moi presentes no ataque cullerdense algo que hai que cambiar dende xa para poder xogar moito máis colectivo.
8-12 na segunda metade para o Remax Riazor, gran resultado sobretodo na faceta defensiva onde encaixar tan só 8 goles ante un equipo como este pois dice moito das nosas nesta segunda metade. Podense sacar moitas cousas positivas tanto nos erros coma nos acertos nesta segunda metade para poder consolidar a defensa 5:1 nas próximas datas
Resultado final : Bm Porriño 27-Bm Culleredo Remax Riazor 17
Bm Porriño: Ega Areal, Lucia Salgueiriño,Zoe Alvarez,Ania Benavides,Naira Dominguez,Ana Estevez,Sara Fernandez, Mara Martinez, Aroa Perezm Lucia Carreira.
Bm Culleredo Remax Riazor: Aldara Allegue, Candela Tizón , Aroa Bestilleiro, Olivia Pan , Andrea Muñoz, Sofia Orge, Uxia Seoane, Lucia Peña, Elena Aneiros y Sabela Lamas
Árbitros: Alberto Rodriguez.
Incidencias: Xornada 10 da liga infantil femenina liga Ouro , disputado no pavillón municipal de Porriño
