
O pasado domingo o equipo xuvenil xogaba un partido vital para seguir loitando polo campeonato da liga prata, o rival eran o Bueu que chegaba a Almeiras como líder invicto na competición.
O inicio do encontro foi o esperado co equipo moi solidario nas axudas defensivas provocando erros no ataque do Bueu.Isto nos permitiría roubos de balón para correr ao contraataque e así distanciarnos no electrónico dende moi pronto.No ataque posicional houbo que traballar moito o xogo sen balón ante a defensa presionante dos segundos por parte do equipo Pontevedrés.Chegamos ao descanso con 4 goles de vantaxe que poderían ser mais se non hubiéramos cometidos tantos erros dende os lanzamentos de 6 metros.
Na segunda metade , un inicio brillante na faceta defensiva nos permitiu robar 3 balóns consecutivos e coller rentas de 7 e 8 goles xa nos primeiros 10 minutos.O Bueu costaballe perforar a defensa cullerdense e cando o conseguía aparecía a portería local para atallar os lanzamentos.No minuto 20 a diferencia era xa de 10 goles e o equipo buenense plantearía unha defensa 3:3 en medio campo que se nos atascou por momentos e conseguiron reducir a diferencia a 7 goles ao remate do encontro.
Balonmán Culleredo Galaico Caravaning.33(14+19):Hugo Díaz,Mateo Basanta,Jairo,Iago,Hugo Rodríguez, Teo Gómez,Fabián,Adrián,Jorge,Xoan,Hugo Bregua,Diego,Teo López e Alexis.
Bueu Atlético Balonmán.26(10+16):Anxo,Matías,Pablo,Juan,Diego,Mateo,Martiño,Mario,Gael,Diego,Albero,Francisco,Marco,Antón,Miguel.
Colexiados:Jorge Abuin e Luis Daniel Sánchez.
Incidencias: Boa entrada no municipal de Almeiras con bo ambiente nas bancadas repleta de affeccionados de ambos conxuntos.
