Saltar ao contido

UN BM.CULLEREDO MINGUADO NON CONSEGUE RENDER AO SEU NIVEL EN GRAN CANARIA

Enlace Do Partido: Balonmano Gáldar Gran Canaria - Balonman Culleredo · Balonmano Primera nacional 2025 -2026

Chegaba o BM.Culleredo a Galdar (Gran Canaria) cun currículo inmaculado neste 2026, contando os seus partidos por vitorias, pero con algunha dúbida na persoa de Henrique Traba que sufrira unha escordadura de nocello no partido anterior e non estaba clara a súa participación no encontro desta 18ª xornada. A lesión do lateral supoñería un contratempo na rotación, xa que ante o feito de só poder contar con doce xogadores na visita ás illas, unha baixa máis non era a mellor noticia para afrontar as esixencias ás que ía someter o conxunto canario ao cullerdense. O comezo foi contundente para os canarios, que cun 5-0 inicial obrigaba ao técnico de Culleredo a solicitar o seu primeiro tempo morto para reconducir a situación. O equipo entrara sen alma ao partido, sen intensidade e moi estático, sen ritmo... O Galdar aproveitaba esta situación e co seu dinamismo e velocidade habitual, especialmente en casa, pasaría por encima dos cullerdenses neste tramo inicial. O tempo morto conseguiría frear nun primeiro instante a sangría e o BM.Culleredo reduciría a diferenza á mínima expresión cun 1-5 de parcial (6-5). Con todo, o equipo non mostraba o xogo habitual e os goles conseguidos chegaban normalmente en accións individuais exitosas que non terían continuidade no tempo. Fallaba o ataque colectivo, pouco disciplinado e moi afastado do modelo de xogo en xeral e do plan de partido en concreto. Cando as situacións individuais non atoparon o camiño do gol, os locais volveronse a distanciar, conseguindo ao descanso unha cómoda vantaxe de cinco goles (9-14). O rendemento en ataque do BM.Culleredo estaba a ser moi pobre e o enfoque para a segunda parte parecía ser evidente. A tarefa, lonxe de ser imposible, sí conlevaba unha gran dificultade que se agravaría cando, no ecuador, Alex Gómez víase obrigado a retirarse por unha lesión no seu xeonllo. O equipo acabábase de quedar sen os seus dous laterais esquerdos e iso terminaría por reducir as expectativas de remontada co paso do tempo. O conxunto galdense aproveitaría estes instantes para incrementar a distancia e terminar por levarse os dous puntos nun partido de clara cor canaria.

BM. Galdar: 33 (14+19). Hugo Manuel Gómez, Nestor González (1), Ozbej Silc (4), Marcos Vinicius Santiago (6), Freyddy Lafontan (4), Jesús Alejandro Mendoza (2), Carlos Padrón (1), Francisco Nicolás Trujillo (4), Magnol Suárez, Cayetano Elías González (1), Carlos Mederos (3), Gonzalo Matías (5), Guillermo Arencibia (1), Diego Aimar Sánchez (1), Adrián Rivero, Derek Pulido.

BM.Culleredo: 24 (9+15). Xoán Varela (P), Oscar Bello (P), Xoán Canedo (1), Marcos Regueiro (1), Alejo Martínez (3), Juan Pereira (1), Alejandro Gómez (10), Iván Sánchez (3), Henrique Traba, Roi García (3), Nuno Loxo (1), Darío Pérez (1).

Parciais cada 5´: 4-0 / 6-3 / 7-5 / 11-7 / 12-7 / 14-9 / Descanso / 17-13 / 20-15 / 23-16 / 27-20 / 31-21 / 33-24 / Final. 

Colexiados: Juan Luis Gómez e Juan Marcos Sánchez.

Incidencias: Encontro da 18ª xornada da temporada 2025/26 na 1ª nacional (Grupo A) . Partido disputado no pavillón Juan Vega Mateos de Galdar (Gran Canaria) cunha moi boa afluencia de público.

Fotos do encontro:

https://photos.app.goo.gl/VF4wbxzfMuFyxLmk9

https://drive.google.com/drive/folders/11BVlb7x85M6ZcstK7pNXoRbt3Kp23gwK?usp=drive_link

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *