Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

Previa da Xornada 25.01.26

SENIOR

O Bm Culleredo viaxa ata as illas afortunadas para enfrontarse ao Galdar de Gran Canaria na 18ª xornada. Os cullerdenses, que contan os seus partidos por vitorias neste 2026, parten coa ilusión de conquistar por primeira vez o Municipal galdense, aínda que son sabedores das dificultades que se atoparán nun dos escenarios máis esixentes da liga.

O partido disputarase o venres 23 ás 20:30h (hora canaria) no Pavillón Juan Vega Mateos.

XM - GALAICO CARAVANING

O domingo ás 18.00 no Municipal de Almeiras os xuvenís disputan un emocionante encontro ante o líder da competición , o Bueu Atlético Balonmán.

Despois da derrota sufrida na anterior xornada , o noso equipo deberá empregarse a fondo na faceta defensiva e subir a porcentaxe de acerto no lanzamento que tanto nos está a lastrar esta tempada.

De seguro que se vivirá un bonito encontro entre dous conxuntos que están loitando para poder levarse a competición de Liga Prata.

XF - FISIOTERAPIA BENESTAR

A primeira derrota da tempada chegou para o Fisioterapia Benestar no encontro anterior, as nosas xuvenÍs queren revertir a situación aínda que non é o rival apropiado xa que está nos postos altos da táboa. Será un encontro moi compricado onde as nosas guerreiras deberán competir e ir solventando todas a problemáticas que poidan xurdir.

CM - DESPREOCÚPATE.ES

O Bm Culleredo Despreocúpate.es afronta esta fin de semana o primeiro partido como local despois do parón de Nadal, e estreará no Municipal de Almeiras a súa condición de colíder da competición recibindo ao NV Cars Carballal de Vigo. Os cullerdenses deberán de afianzarse en defensa e recuperar a velocidade no seu xogo se desexan conseguir os dous puntos e continuar, desta forma, no máis alto da táboa. Os olívicos son un conxunto perigoso e competitivo, así que haberá que completar sesenta minutos ao máis alto nivel para lograr a vitoria.

O partido disputarase o domingo ás 12:30h.

CF - SUTENOR

As nosas cadetes buscarán redimirse da primeira derrota na casa despois dun longo tempo. O rival preséntase nos postos baixos da táboa pero sabemos que é un equipo que pode gañar a calqueira. Para iso, a intensidade e concentración táctica debe estar a un bó nivel, e sobretodo recuperar o nivel defensivo que tanto deu a este equipo e tanto dará no futuro .

CM - CRISTALERÍA GESTAL

Voltamos a enfrontarnos aos de Oleiros, un equipo moi forte físicamente e que xa nos deu moitos problemas na anterior fase. Terán os nosos que darlle un alto ritmo ao xogo de ataque para buscalos desequilibrios da defensa Atlántica e loitar con todo ata o último segundo.

CF - CANOSA ABOGACÍA

O Canosa Abogacía recibe este sábado ao Taberna Os Arcos Asmubal Meaño ás 12:30 no Pavillón Municipal de Almeiras. Non será un partido fácil xa que ambos conxuntos, que se atopan empatados a puntos, loitarán por saír da parte baixa da táboa. As cullerdenses, que veñen de perder pola mínima contra a Sar, teñen moi claro o obxectivo e que deben manter a concentración e intensidade defensiva en todo momento se queren saír vitoriosas.

IM - ARES Y FUERTES

Reciben este domingo os nosos infantís ao Carballal despois do bo papel fronte ao Línea 21, queren sumar 2 novos puntos que nos permitan seguir soñando con manternos na parte alta e loitar por todo esta tempada. Será crave ser capaces de frealas situacións individuais dos desequilibrantes xogadores visitantes se queremos poder quedarnos con esos 2 puntos na casa!

IF - REMAX RIAZOR

Despois de volver a competición cunha victoria, o Remax Riazor enfrontarase esta fin de semana a un rival que está cunha frecha ascendente e busca roubar os primeiros postos da táboa. As nosas miniguerreiras deberán estar moi preparadas para disputar un encontro no que na ida acadáronse os 2 puntos, pero que na volta poderá ser totalmente diferente .

IM - ÓPTICA GALLAECIA

Nova xornada para os nosos infantís que queren seguir medrando e dar un pasiño adiante no seu camiño! A presionante defensa do Xiria será un reto para os nosos, que deberán dominar o xogo sen balón e reducir os erros de pase.

FORZA CULLE!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *