Saltar ao contido

Boa resposta dun Ares y Fuertes que quere cambiala dinámica na que viña

Boa vitoria dun Ares y Fuertes que viña dunha mala racha de sensacións e resultados antes do parón de Nadal e ao que lle tocaba sufrir neste duro encontro para retomala competición.

Comezaban os nosos o encontro xerando un montón de situacións claras na fase ofensiva, pero os erros de lanzamento contínuos impedíannos poñer distancia no marcador, non desaproveitando os locais que con efectividade ían facéndonos daño. A nivel defensivo, a nosa liña de avanzados máis hundida cada vez deixaba libertade de movemento e de toma de decisión aos rivais, que cun bo xogo a partires do pase y va co seu pivote nos ían poñendo en problemas.

Sumadas estas dúas situacións conseguían os locais poñerse cunha vantaxe de ata 7 goles de diferenza, algo que recordaba a esos anteriores encontros antes do parón de Nadal e que nos facía poñernos nerviosos. Tras un tempo morto no minuto 17 saían os nosos máis calmados e decididos a loitar polo encontro, con máis actitude en defensa, cunha liña máis presionante que dificultaba as accións rivais e que forzaba situacións máis favorables para Jorge en portería, que nos daba moito nestos minutos con boas paradas. En ataque, moito máis efectivos, conseguíamos por fin cerralas boas accións que estaba a haber e íamos ao descanso 3 goles abaixo.

O segundo tempo, ainda que compricado, estuvo dominado por un Ares y Fuertes xa máis ordeado e cunha actitude moi positiva para poder loitar por levarnos o partido. A diferenza física era notable, pero os nosos loitaban cada acción sen importarlles moito esa diferenza, con intensidade e xogando de forma ordeada e colectiva en ataque fomos pouco a pouco recortando e levando o encontro a donde queríamos, chegando ao final a acadar unha vitoria por 4 goles.

Partido de menos a máis dos nosos, que comezan a recuperar sensacións e que queren amosar do que realmente son capaces nesta 2ª volta da Liga. Toca seguir traballando e loitando cada día para cumprir os nosos obxetivos!

Bm Línea 21 Restaurante Cho: 38 (20+18) Thiago, Artai, Mario, Román, Leo, Daniel, Luís, Roi, Manuel e Gonzalo.

Bm Culleredo Ares y Fuertes: 42 (17+25) Hugo, Pedro, Aitor, Jorge García García, Jorge García Serantes, Mauro, Nico, Roi, Marco e Pablo.

Árbitro: Uxía Mariño.

Incidencias: Partido correspondente á 10ª xornada da Liga Ouro infantil masculina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *