
Enlace Do Partido: (SM) BM Culleredo - Sermarther Ciudad de Tacoronte
O BM.Culleredo segue a amosarse firme no grupo A da 1ª División estatal de balonmán, afianzándose como o equipo que representa un maior crecemento na categoría e alcanzando coa vitoria de onte a quinta praza da clasificación. Os cullerdenses sitúanse ademáis a tan só un punto da cuarta praza e tres da terceira, atesourando unha ilusión sen límites por conseguir cotas maiores. Con todo, o encontro do Sábado non foi o mellor por parte dos locais, que entraron peor no partido que o seu rival e tiveron que realizar un esforzo extra para remontar un marcador inicial de 1-4. Os cullerdenses tardarían dez minutos en lograr o seu segundo tanto e é que nese tempo o porteiro visitante facíase enorme e desbarataba todos e cada un dos lanzamentos claros ante él. A vantaxe adquirida polos tinerfeños sería suficiente para dominar durante vinte e cinco minutos o envite e só nos últimos cinco, cun 4-1 de parcial, o BM.Culleredo sería capaz de anular a desvantaxe para colocar as táboas cando se chegaba ao tempo de descanso (14-14). As tornas cambiarían entón e o BM.Culleredo faríase cos mandos do partido na continuación. O equipo tomaría a dianteira, aínda que os insulares non cedían e mostrábanse competitivos, subindo as táboas de novo ao electrónico cando se alcanzaba o meridiano deste tempo (23-23). Outra resposta contundente, outro parcial de 4-1 e o BM.Culleredo distanciábase de novo (27-24). Afrontábanse entón os dez minutos finais con vantaxes cómodas entre tres e catro goles que daban certa marxe e tranquilidade e aínda que o conxunto de Tacoronte apuraba as últimas opcións e colocábase a dous goles, o BM.Culleredo non se deixaría sorprender e pecharía o partido con vitoria e dous importantes puntos para escalar posicións na táboa.
BM. Culleredo: 32 (14+18). Oscar Bello (P), Xoán Varela (P), Carlos Costa, Xoán Canedo, Roi García, Marco García (4), Alejo Martínez (1), Mario Crecente (5), Juan Pereira (1), Alejandro Gómez (10), Iago Ferreiro (4), Henrique Traba, Iván Sánchez (2), Nuno Loxo (3), Marcos Regueiro, Adrián Díaz (2).
Sermarther Ciudad De Tacoronte: 29 (14+15). Seka Gallart (8), Marcos Rosa, Javier García, Mario Boro, Daniel Díaz, Alonso Correa(1), Juan José García, Pedro Perera, Miguel Ángel Hernández (5), Adrián Yumar (5), Carlos Abián, José Manuel Urrutia, Markel Moreno (5), Welton Guilherme (5).
Parciales cada 5 ́: 1-1 / 1-4 / 5-7 / 7-9 / 10-13 / 14-14 / Descanso / 17-15 / 20-18 / 23-23 / 27-24 / 30-26 / 32-29 / Final.
Colegiados: Francisco Fdez e Daniel Álvarez.
Incidencias: 17ª xornada da tempada 2025/26 na 1ª nacional (Grupo A) . Partido disputado no pavillón de Tarrío con boa asistencia de público.
Fotos Do Partido:
