
Enlace Do Partido: CM Liga Oro Grupo único Jornada 10: BM Línea 21 Reformas Coruña SL 2021 & BM Culleredo Despreocupate
O BM.Culleredo comeza a competición neste ano 2026 cunha nova vitoria que ademáis supón o premio do coliderato debido á derrota do Disalmo Luceros. Os cullerdenses tiveron que sufrir nun derbi no cal os veciños do BM. Línea 21 entraron mellor e a paciencia e a evolución ao longo dos sesenta minutos foron claves para conseguir os dous puntos en litixio. A partir do 1-1 inicial o equipo de Culleredo estrelábase unha e outra vez contra a portería rival e estes aproveitaban para alcanzar un 6-2 que espoleaba a bancada local. O BM.Culleredo lonxe de perder a compostura, iría crecendo no seu xogo co paso dos minutos e aínda que non conseguiría alcanzar o seu mellor nivel, si que lograba reducir as diferenzas para chegar ao tempo de descanso cunha mínima desvantaxe (18-17). As prestacións dos cullerdenses aumentarían na continuación e en tan só cinco minutos conseguirían darlle a volta ao marcador (20-22). O dominio nestes segundos trinta minutos sería claro, aínda que os locais non se daban por vencidos e mostrábanse combativos ata o final. O BM.Culleredo Despreocúpate.es xa non perdería a súa vantaxe e establecería un 28-32 a falta de dez minutos que lle permitiría afrontar os últimos instantes cunha cómoda marxe. O equipo soubo sufrir nos mellores momentos dos locais e tivo paciencia para sacar adiante un envite que xa se intuía moi complicado. Con estes dous puntos o conxunto de Culleredo ilusiónase co obxectivo máis ambicioso nunha liga tremendamente competida.
BM.Línea 21 Reformas Coruña S.L: 30 (18+12). Gabriel Bascoy, Mateo Curto, Aitor Vidal, Tomás Castro, Iago Muiño, Antonio Fontenla, Jacobo Mariño, Nuno García, Daniel Bra, Xurxo Ferreiro, Alejandro Vilariño, Manuel Caamaño, Yago Santos, Malick Costoya.
Bm Culleredo Despreocúpate.es: 37 (17+17). Mateo Basanta (P), Xurxo Méndez (P), Martín Casal, Mauro Fdez, Antón Rodríguez, Isaac Lorenzo, Teo Gómez, Alex Soto, Iván Gantes, Alexis Martínez, Javi Orge, Aarón Beade, Jacobo Soto.
Parciais cada 5´: 3-1 / 6-2 / 10-8 / 13-13 / 16-15 / 18-17 / Descanso / 20-22 / 22-25 / 27-28 / 28-32 / 29-34 / 30-37
Colexiada: Uxía Mariño.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 10ª da Liga Ouro cadete masculina. Partido disputado no pavillón de Novo Mesoiro. Boa representación de siareiros de ambas afecións nas bancadas.
