Saltar ao contido

O XOGO MELLORA PARA O REMAX RIAZOR

O Remax Riazor comeza o ano con victoria , e asentandose na zona de media da taboa vindose dende o punto de vista dos puntos xa que apenas 2 puntos separan ao octavo posto do quinto .Bó encontro onde a proposta novamente do sistema 3:3 deu resultado , o dominio foi local en todo o momento. Apareceron as intercpetacións, e situacións de defensivas onde se era capaz de levar as xogadoras as zonas pouco eficaces.Mentres na faceta ofensiva , o Remax Riazor estaba a ter alta efectividade para superar a defensa 5:1 .

Resultado ao descanso : Bm Culleredo Remax Riazor 19- Mecalia Atlético Guardés 15

Na segunda metade é en apenas 3 minutos o equipo visitante reduciría a ventaxa a 1 gol, momento para un tempo morto do equipo local , estructurarse de novo para continuar mantendo a ventaxa que en moitos momentos foi mínima. O mono de traballo traspasouse novamente a fase defensiva onde apesares de ter moitos problemas nas axudas defensivas , pouco a pouco conseguíase outra vez pequenas ventaxas. Na última fase do xogo a defensa colectiva e a solidaridade das nosas foron factores vitales para poder ampliar a ventaxa e terminar o encontro con moita máis tranquilidade da que houbo en case todo o encontro .

Noraboa pola victoria pero queda moito por diante , non só é disputar os encontros se non que hai moitos máis factores de apredizaxe que debemos ter enconta .

Resultado final: Bm Culleredo Remax Riazor 37- Mecalia Atlético Guardés 31

Bm Culleredo Remax Riazor(19+18): Aldara Allegue, Sofia Calvo , Sabela Lamas, Olivia Pan , Andrea Muñoz, Candela Tizón , Aroa Bestilleiro, Uxia Seoane, Salma Martinez, Elena Aneiros, Daniela Manteiga, Lucia Peña, Martina Villaverde.

Mecalia Atlético Guardés(15+16): Pilar Riobo, Marcela Martinez, Maria González, Lea Lomba, Carolina Martinez, Julia Flores, Sablea Sousa, Amanda Alvarez,Luz Bonnin,Marta Simoes,Marcela Sobrino

Parciales cada 5`: 5-3/9-7/12-8/17-14/19-15/22-20/25-24/29-27/36-28/37-31

Árbitros: Martina Regueiro

Incidencias: Xornada 9 da liga de ouro infantnil feminino disputado no pavillón municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *