Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

Previa da Xornada 18.01.26

SENIOR

O Bm Culleredo regresa ao Municipal de Tarrío despois do parón do Nadal e desexa continuar co seu magnífico refacho de resultados co obxectivo de poder escalar posicións na táboa e achegarse aínda máis aos catro primeiros. A tarefa pasa por conseguir dous puntos ante o conxunto tinerfeño do Bm Tacoronte, empresa nada fácil xa que, aínda que falamos dun equipo que suma tan só oito puntos a estas alturas do campionato, non é menos certo que os insulares están a competir todos e cada un dos seus partidos, plantando cara ao mismísimo líder como na última xornada. Polo tanto, os cullerdenses deberán de saír concentrados e serios para facer da súa defensa e a transición no contraataque a principal arma para desarbolar a resistencia do equipo tinerfeño.

O partido disputarase o sábado ás 19:30h.

XM - GALAICO CARAVANING

Esta semana os nosos xuvenís desprázanse a terras lucenses , unha das pistas complicadas da competición.

O equipo deberá de mostrar unha boa versión en todas as fases do xogo para poder levarse o triunfo. O Lucense un equipo moi forte no seu feudo e que de seguro plantexará un partido nada doado.

XF - FISIOTERAPIA BENESTAR

Segunda xornada para as nosas xuvenís que comezaron con bó pé na primeira xornada derrotando ao Bueu fora da casa. Agora, e pasiño a pasiño, toca facerse forte en Almeiras onde de momento seguen imbatidas. A intensidade e organización defensiva serán as chaves do encontro .

CF - SUTENOR

Encontro de alto nivel onde as primeiras enfróntanse as segundas, 2 puntos de diferencia que o Sutenor quere reducir e acabar a primeira volta colider co Guardés. Pero isto non será nada doado. O Guardés non coñece a derrota, pero as nosas veñen de realizar un esforzo colectivo enorme ante as terceiras clasificadas, así que esperamos un gran encontro con alta intensidade e sobre todo un bó xogo por parte de ambos equipos.

CM - DESPREOCÚPATE.ES

Volve a liga despois do parón de Nadal na categoría cadete masculina, e o Bm Culleredo Despreocúpate.es visita a pista dos nosos veciños do Bm Línea 21. O equipo de Culleredo, segundo clasificado na táboa cun só partido perdido ante o líder, proponse como obxectivo iniciar con éxito o ano e conseguir os dous puntos, pero a dificultade será máxima ante un conxunto local moi competitivo e con excelentes argumentos no seu xogo. O nivel que ofreza a retagarda dos cullerdenses será clave para ter maiores posibilidades de éxito.

O partido disputarase o sábado ás 11.30 no Municipal de Mesoiro.

CF - CANOSA ABOGACÍA

Este próximo domingo as rapazas do Canosa Abogacía desprázanse a Redondela. As nosas que veñen de conseguir dous puntos na xornada anterior queren seguir nesta línea e poder escalar postos na táboa. O encontro non será nada fácil, e as cullerdenses deberán de amosar un bo ritmo de ataque e a nivel defensivo se queren levarse o partido.

IM - ARES Y FUERTES

Inician a 2° metade da Liga Ouro os nosos rapaces do Ares y Fuertes, que o fan desprazándose este sábado ás 10:00 a Mesoiro.
O encontro será seguro moi igualado como ben saben os nosos, pero chegan a este partido con moitas ganas de rompela mala racha coa que rematamos o 2025 e cunha motivación extra. O xogo colectivo en ataque e a capacidade de roubar balóns serán as claves para poder levarnos o encontro.

IF - REMAX RIAZOR

As nosas miniguerreiras volven a competición ante un filial dun equipo que está na máxima división do balonmán estatal e que tamén xoga en competición europea. Nunca é doado xogar contra equipos que teñen o seu primer equipo nesta disposición , pero as nosas queren algo máis, recuperar esas boas sensacións do último encontro ante o líder , e tamén reactivar o fortín de Almeiras.

IM - ÓPTICA GALLAECIA

Reciben este sábado ás 13:00 en Tarrío os nosos rapaces do Óptica Gallaecia a un Liceo que nos gañou con claridade no partido da fase anterior e que será un auténtico reto para os nosos. Chegan sen embargo os cullerdenses nun moi bo momento e saben que se somos quen de frealas acometidas dos do Liceo e de dar un alto ritmo ao encontro poderemos sumar 2 novos puntos.

FORZA CULLE!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *