
Desprazábase na mañá do sábado os cadetes do Bm Culleredo Cristalería Gestal a Lugo para volver á competición, medíndose a uns lucenses que querían quedarse cos 2 puntos.
Comezaba o encontro cun intercambio de goles entre os 2 equipos, con accións rápidas donde a maior potencia física dos locais se facía notar, chegando a boas situacións de lanzamento dende os 9 metros. Os nosos conseguían dar ritmo ao xogo e levalo balón a zonas exteriores, acadando moitas situacións de lanzamentos claros dende os extremos. Co paso dos minutos conseguían os nosos facerse donos do encontro, chegando ao descanso con 7 goles de vantaxe.
Ao descanso os nosos entraban relaxados, permitíndolle aos locais acercarse no marcador, pero sen perigar nunca o encontro. Reaccionaban os nosos, volvendo a imprimir un ritmo alto de xogo que os locais non eran quen de aguantar, tendo os nosos numerosas ocasións de subir en rápidas transicións. Na faceta defensiva, o cansancio local facía que a toma de decisións fose cada vez peor, permitindo aos nosos roubar máis balóns e aproveitalos en transición.
Bo partido para a volta dos nosos con algúns infantís participando e aportando a un grupo que está a crecer na pista!
Millavén CP Lucense: 34 (20+14) Daniel, Óscar, Nuno, Héctor, Rodrigo, Martín, Andrés, David, Breixo, Brayan, Aryan, André, Ernesto e Manuel.
Bm Culleredo Cristalería Gestal: 34 (14+20) Fran, Javi, Hugo, Xurxo, Mauro, Pablo, Aarón, Jacobo, Pablo, Samuel e Guillermo.
Árbitros: Nicolás Núñez e Jose López.
Incidencias: Partido correspondente á 2ª xornada da 2ª fase cadete masculina.
