
Onte, e tras o parón de Nadal, as rapazas do Canosa Abogacía recibían ao Seis do Nadal no terceiro partido desta segunda fase da Liga Prata.
Dende o inicio as cullerdenses sabían que iba a ser un encontro moi igualado e no que terían que estar concentradas en todo momento, mantendo a intensidade e sendo moi precisas en ataque se querían levarse os dous puntos. As nosas saíron cunha defensa 6:0 dende o inicio, a partir da cal conseguiron frear mediante as axudas e a presión os lanzamentos exteriores, evitando a súa vez as penetracións das rivais libres de oposición. O Seis do Nadal saíu cunha defensa 5:1, e aínda que cada vez que as do Canosa mantiñan un bo ritmo de continuacións conseguían penetrar, as perdidas de balón por recibir en estático facían que as de Vigo puideran subir ao contraataque con maior facilidade.
Resultado ao descanso: Bm Culleredo Canosa Abogacía 12 - Gravikfit-Seis do Nadal 9.
O inicio da segunda parte foi irregular para ambos equipos, o Seis do Nadal pola súa parte errou varios lanzamentos claros, e o Canosa non conseguía chegar a portería debido aos erros nos pases. Mais o Seis do Nadal comezou a anotar e a superar a defensa das locais con facilidade debido ás malas vasculacións e a falta e contacto e intensidade, conseguindo non só achegarse no marcador, senón tamén poñerse por riva. A pesares disto, o Canosa Abogacía non baixou os brazos e tras recuperar unha serie de balóns e manter un xogo máis ordeado e pausado en ataque, lograban remontar e facerse coa vitoria no último minuto.
Gran partido das rapazas do Canosa Abogacía que conseguen os primeiros dous puntos desta segunda volta.
Resultado ao final: Bm Culleredo Canosa Abogacía 25 - Gravikfit-Seis do Nadal 24.
Bm Culleredo Canosa Abogacía: Aldara Allegue, Alba Romero, Aroa Bestilleiro, Aroa Martínez, Carmen García, Cintia Míguez, Elena Aneiros, Eva Outón, Helena Portas, Sara Villar, Simona Seo, Sofía Meijide, Sofía Orge, Yasmín Gabarri.
Gravikfit-Seis do Nadal: Emma López, Ángela Portela, Emma Fernández, Alma López, Alba Pérez, Violeta Francisco, Aixa Pereira, Sabela Resua, Mencía Naz, Leire Rodríguez, Uxía Comesaña.
Árbitro: Pablo Torreiro e Carlos Ortiz.
Incidencias: Xornada 3 da segunda fase da Liga Prata Cadete Feminina (grupo D), disputada no Pavillón Municipal de Tarrio.
