
A mañá do Sábado os nosos xuvenís voltaron a competición despois do parón navideño.Desta vez o rival foi o Balonmán Porriño, conxunto dirixido polo cullerdense Xosé Canedo.
O encontro comezou con moita igualdade e co equipo porriñés aproveitando a deixadez e a pouca intensidade dos cullerdenses.Así o equipo visitante foi capaz de aproveitar os ocos defensivos para lograr perforar a defensa a local, que gracias a labor da portería local permitiu que o Porriño non pudiera tomar a dianteira no marcador en moitas ocasións.Chegouse ao descanso con renta de 1 gol para o equipo cullerdense.
Na reanudación , os xogadores do Galaico Caravaning entraron con maior intensidade e profundidade defensiva que permitiu sair con velocidade ao contragolpe e lograr ampliar a vantaxe no electrónico.Mediado o 2° acto acadouse vantaxe de 7 goles para os cullerdenses , que sen moito brillo e so cun pouco de actitude e intensidade lograron impoñerse ante un rival que loitou os 60 minutos para intentar sacar algún punto do municipal de Tarrío.
Balonmán Culleredo Galaico Caravaning.30(13+17):Hugo Díaz, Mateo Basanta,Iago,Hugo Bregua,Hugo Bermúdez,Fabián, Jairo,Jorge Outón, Hugo Rodríguez, Adrián,Xoan,Diego,Martín e Iván.
Balonmán Porriño.21(12+9):Antón , Matheus,Simón,Pablo,Denis,Paulo,Pedro,Bruno,Nicolás,Lucas ,Elías, Kauan Brayan,Diego,Mateo e Brais.
Colexiado: Pablo Torreiro e Carlos Ortiz
Incidencias: 3° xornada da 2° fase da liga prata xuvenil .Encontro cun número abundante de siareiros locais no munipal de Tarrio.
