Saltar ao contido

VITORIA NO INICIO DA SEGUNDA FASE

Primeira xornada do criteiro olímpico no que está a loita polo titulo de liga prata xuvenil femenino. Unha primeira xornada no que o Fisioterapira Benestar viaxaba a Bueu para ver a que nivel está o equipo sobretodo despois das vacacións. Tras un inicio nos primeiros minutos onde dúas perdidas de balón propiciaban un 1x0 consecutivos en contra do Fisioterapia Benestar e parecía que a dinámica non era boa, todo cambiou en pouco tempo , esas pérdidas transformábanse en gol tanto en xogo colectivo con lanzamentos dende 9 m , ou con penetracións dende os laterais.O balón cada vez circulaba máis rápido propiciando 1x1 con moito espacio que as xogadoras do Fisioterapia Benestar o aproveitaban . A maiores e quizáis unha das claves na primeira parte foi o nivel defensivo . O 6:0 proposto estaba a crear moitas dúbidas no ataque local xa que no encontraban espacios para finalizar e os lanzamentos que se efectuaban eran imprecisos e moi lexanos . Isto facia unha brecha grande no marcador onde unha diferencia de ata 7 goles aupaba ao equipo cullerdense na primeira metade . Ainda asi o equipo local puido recudir a distancia no marcador nos últimos intres da primiera metade.

Resultado ao descanso: Atlético Bueu 11- Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 16

Na segunda metade e cun pequeno cambio no sistema defensivo , que pasou a un 5:1 o equipo estivo menos regular pero con boas accións defensivas, o equipo local o aproveitou mellor sobretodo sacando o balón cara os extremos onde estaban a crear problemas a defensa cullerdense.

Na faceta ofensiva , o equipo seguía a mesma dinámica que na primeira parte, ainda que con problemas en certos momentos por a presión defensiva na zona central , pero con resolución de cara o gol .

No tramo final o equipo local foise acercando ao marcador , o Fisioterapia Benestar tivo uns minutos de moitas imprecións que aupaban ao equipo local a sendos contrataques tanto en primeira oleada como na segunda oleada. Cambiouse de novo o sistema defensivo para un 6:0 que deu máis seguridade as cullerdenses. O encontro apretábase xa que a diferencia reducíase a dous goles. Pero ahí apareceron as nosas xuvenis para subir o nivel defensivo e finalizar os ataques en gol para poder terra por medio e poder finalizar o encontro nos útimos. minutos con máis tranquilidade.

Resultado final: Atletico Bm Bueu 24 - Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 28

Os encontros comezarán a igualarse moito máis , toca unha nova etapa de competición moi ilusionante onde as nosas xuvenis teñen un obxetivo claro , repetir a proeza de obter o titulo da liga prata. Para iso queda moito por diante , pero o primiero paso deuse xa no primeiro encontro . Noraboa.

Atlético Bm Bueu: Uxía Torres, Noara Parcero, Mariña Torres, Leire Camiña, Ana Costas, Aixa Otero, Noa Lemos, Alba Gestido, Uxia Soliño, Candela Santos, Carlota de la Torre, Noa Lemos, Celia Jimenez

Bm Culleredo FIsioterapia Benestar: Aldara Piñeiro, Sara Fernández, Luana Gómez, Claudia Regueiro,Leire Barbeito, Maria Otero, Lola Romero, Paula Peteiro, Antía Ferreño, Lúa Fernandez, Daniela Pérez,

Parciais cada 5`: 2-1/2-4/3-8/4-11/7-13/11-16/14-17/16-19/18-26/20-25/23-26/2-28

Árbitros:Carlos Alonso y Cristian Fraimil.

Incidencias: Primeirxa xornada do criteiro olimipico da liga prata , loitando polos postos 1º-8º. Disputado no pavillón municipal de deportes de Bueu.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *