Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

Previa da Xornada 11.01.26

SENIOR

O Bm Culleredo volta a competición despois do parón de Nadal, e faino con toda a ilusión e o reto de completar un 2026 tan exitoso como esa primera volta da liga no 2025. O primero partido do ano será a domicilio ante o Bm Ribeiro Rodosa Ourense Provincia Termal, un conxunto necesitado de puntos que poñerá as cousas moi complicadas para os cullerdenses.

O partido disputarase no Pavillón do Consello ás 18:00 do próximo sábado

XM - GALAICO CARAVANING

Volta a competición para os nosos xuvenís despois do parón de Nadal. Desta vez o rival será o Balonmano Porriño na mañá do sábado no Municipal de Tarrio.

O equipo deberá de mostrar a progresión na faceta defensiva amosada nas últimas xornadas do 2025 para así poder loitar polo triunfo e seguir no alto da taboa clasificatoria.

XF - FISIOTERAPIA BENESTAR

As nosas xuvenís comezan a segunda fase de Liga Prata , no que se decantará o campión. O primeiro encontro será un rival que xa estivo en Liga Ouro en anos anteriores, polo tanto será un encontro moi compricado .

As nosas queren traer os primeiros puntiños do ano. A loita e a intensidade serán factores claves para poder obter a victoria.

CM - CRISTALERÍA GESTAL

Retoman a competición os nosos cadetes do Cristalería Gestal tralo parón de Nadal, e tócalles desprazarse este sábado a Lugo para afrontar un exisente partido no que os nosos queren amosar que este 2026 van con todo e poden gañarlle a calqueira.

CF - CANOSA ABOGACÍA

Retorno á competición despois do parón navideño , onde as nosas cadetes do Canosa Abogacía queren comezar o ano coa primeira vitoria nesta segunda fase na loita do título da Liga Prata. O rival está a 2 puntos, así que se o equipo cullerdense obtén a vitoria podería coller a un rival na clasificación e poder dar un salto de motivación para poder afrontar os seguintes encontros.

FORZA CULLE!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *