Saltar ao contido

O Óptica Gallaecia tarda en despertar

Desprazábase o pasado venres o Óptica Gallaecia a Oleiros para dar comezo á segunda fase da Liga Prata infantil masculina. Chegaban os nosos ao encontro cun exceso de confianza despois da contundente vitoria no anterior enfrontamento contra o Atlántico e pagaríanos nos primeiros minutos.

Os primeiros 15 min do encontro serían dun claro dominio local, moito máis intensos e clarividentes, superando á nosa defensa de forma moi clara en cada acción. A falta de axudas e o mal posicionamento defensivo dos nosos  eran erros que pagábamos moi caros, o que sumado á falta de movilidade na parcela ofensiva nos facía ir moi por detrás no electrónico.

Comezaban entón a reaccionar tímidamente os nosos, que parecía que comezaban a espertar e conseguían competir mellor aos locais.

Un segundo tempo xa algo máis serio non era suficiente para recortar distancias, co que nos víamos abogados a unha derrota merecida e da cal podemos sacar moitos e valiosos aprendizaxes. Toca reflexionar e descansar nestas vacacións de Nadal para volver xa no 2026 preparados para loitar!

Bm Culleredo Óptica Gallaecia: 27 (12+15) Darío, Nicolás Morís, Xabier, Mateo, Jorge, Leo, Adrián, Iker, Pablo, Ian e Nicolás Iglesias.

Fisiomas Atlántico: 34 (22+12) Lautaro, Alejandro, Mateo, Antón, Xoel, Sabela, Fernando, Celia, Xan, Jorge, Pablo e Aurora.

Árbitro: Uxía Mariño

Incidencias: Partido correspondente á 1ª xornada da segunda fase da Liga Prata infantil masculina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *