
Desprazábanse os nosos cadetes do Bm Culleredo Despreocúpate.es na mañá deste domingo ao Rosal para medirse ao Valinox Novás.
Chegaban os nosos despois dunha moi boa racha de resultados e nun moi bo momento de forma, competindo cada día cunha gran solidez. Comezaban os nosos o encontro cun intercambio de golpes, os ataques locais conseguían xerarnos perigo á nosa defensa 5:1 máis aberta que eran contestados con goles en transición por parte dos nosos.
Cambiaríamos a defensa 6:0, buscando estar máis xuntos, sendo un problema para un Novás que non era quen de xerarnos perigo co lanzamento exterior e vía como sempre chegaba unha axuda cando conseguían superar ao seu par. Os nosos xogando continuamente situacións cara fóra e meneando aos defensores locais conseguían xerar unha gran cantidade de oportunidades de mandaban xa 8 goles arriba ao descanso.
A segunda parte non tería historia, o Novás intentábao, pero seguía a toparse cun muro, que ademáis non desperdiciaba a máis mínima oportunidade para correr. Co paso dos minutos chegaríamos a rendas de 12 goles que facían xa que ambas partes se acomodasen e comezaran a xogar co piloto automático. Remataban os nosos o encontros sendo claros dominadores do mesmo e pechando o 2025 da mellor das formas.
Bm Culleredo Despreocúpate.es: 40 (20+20) Javier, Xurxo, Iván, Alexis, Mateo, Martín, Alejandro, Teo, Antón, Jacobo, Isaac e Mauro.
Bm Ribadosar – Nave de Vidán: 24 (12+12) . Alejandro, Damián, Jorge, Jacobo, Nubo, Mateo, Nicolás, Luca, Mateo, Lucas, Javier, Arán, Miguel, Fabián.
Árbitro: Inocencio Pérez.
Incidencias: Partido correspondente á 9ª xornada da Liga Ouro cadete masculina.
