Saltar ao contido

Dura derrota para o Ares y Fuertes

Tocaba afrontar un dos desprazamentos máis duros da tempada e á vez un dos máis largo, xogando ás 10:00h no Rosal. Chegaban os nosos ao encontro con algunha baixa importante, viaxando sen porteiro, pero tiñan os nosos moi claro que tiñamos que sair a por todas igualmente.

Comezaba o encontro moi mal para os nosos, que encaixaban 5 goles nos primeiros minutos de encontro e permitíanlle ao Novás sacar unha importante diferenza no primeiro tramo do encontro. Voltaban os nosos ao encontro tras un tempo morto e parecía que cambiaba a dinámica, pero os erros de lanzamento seguían a penalizarnos, impedíndonos recortala distancia. Con isto chegaríamos ao descanso 6 goles abaixo pero coa sensación de poder apretalo encontro.

Comezaba a segunda parte e o Ares y Fuertes tiña claro que tocaba ter paciencia, estar moi xuntiños en defensa e xogar colectivamente para poder competilo encontro. Comezaban os nosos moi ben, amosando que cando todos remamos nunha mesma dirección podemos con calquera. As boas situación defensivas acompañadas do traballo colectivo en ataque poñíannos  a tan só 2 goles de diferenza. Chegaba ahora o momento decisivo do encontro, donde os nosos se topaban co porteiro local en ata 5 ocasións, que as sucedían os seus respectivos contraataques rivais. Con 7 goles de diferenza e pouco máis de 6 min no marcador non serían os nosos quen de mantela calma e a precipitación conducíanos a individualidades defensivas e ofensivas que non facían outra cousa máis que condenarnos.

Un partido no que se viron 2 caras do Ares y Fuertes, que nos sirve para diferenciar cal debe selo camiño que debemos seguir para alcanzalos nosos obxetivos e que debe valernos para ver todos os erros que nos quedan por correxir de cara á 2ª volta da competición.

Valinox Novás: 48 (22+26) Xavier, Marco, Bruno, Martín, Íker, Mario, Tomás, Alex, Lucas, Gonzalo, David e Lucas.

Bm Culleredo Ares y Fuertes: 32 (10+22) Hugo, Pedro, Aitor, Jorge, Mauro, Leo, Nicolás, Roi, Marco, Pablo e Mario.

Árbitro: Inocencio Pérez.

Incidencias: Partido correspondente á 9ª xornada da Liga Ouro infantil masculina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *