Saltar ao contido

GRIS E FRÍO ENCONTRO DO ABOGACÍA CANOSA EN CAÑIZA

As nosas cadetes do Abogacia Canosa viaxaban A Cañiza para xogar a segunda xornada da segunda fase pola loita do titulo na liga prata. Despois dun gran encontro na casa contra o Xiria o Abogacía Canosa quería repetir esas boas sensacións neste encontro ligueiro. O equipo viaxaba con moitas baixas pero as veces son momentos para xuntarse e forxar novas situacións .Cando as cousas son insuficientes sempre hai que dar o dobre de cada un ou unha .

O Abogacia Canosa propoñia unha defensa 5:1 que pese a estar a ter un fallos impropios estaban a ter boas situacións onde recuperánbase balón o forzaban lanzamentos que eran rexeitados pola porteira cullerdense. Pese a encaixar 15 goles na primeira metade onde se puideron resolver mellor certas situacións defensivas . A fase ofensiva non estivo moi correcta, moitas imprecisións no ataque , perdendo balóns sen atacar , outros na media pista e incluso na nosa propia metáde de pista. Isto foi un factor clave na primeira metade, sen esas autopérdidas o encontro estaría moito máis igualado pero ao descanso se chegaria co resultado de:

Resultado ao descanso: Bm Cañiza 15- Bm Culleredo Abogacía Canosa 9

Na segunda metade q co cambio de sistema a 6:0 o equipo comezou a ter un pouco máis de solidez defensiva e no ataque pese a estar moi paradas a hora de recibir o balón e poder encarar noito máis verticalmente o equipo estaba a reducir a distancia e meténdose no encontro de cheo . Pero quizáis foi un espellismo , o ataque estaba a ser moi estático e previsible, a defensa 6:0 do equipo rival nos estaba a crear demasiados problemas para poder superar a liña defensiva e despois de numerosos fallos de lanzamento e zonas eficacez o equipo empezou a ir para abaixo ata chegar a unha diferencia máxima de 7 goles en contra . Momento para arriesgar e cambiar o sistema defensivo a 3:3 onde a memoria fai alarde de ela. O Abogacia Canosa comezaba a recuperar balóns con este sistema , a cade de axudas seguía automatizada estaba a dar rendemento pese a ter fallos individuais claros, pero quizáis ese é o riesgo que hai que correr en certos momentos. Realmente non había nada que perder. Pero no ataque seguían o problemas, un ataque pasivo e sen determinación .

Faltou algo máis na Cañiza para poder obter os dous puntos o competir o encontro ata o final . O compromiso es algo fundamental , a actitude ten que ser alta en todo o momento . De todas formas grazas a este grupo de traballo. Foi un mal día e iso o ten calquera , ata deportista de alto nivel . Toca seguir traballando, toca seguir recolectando ilusión cada día para poder seguir crecendo a todos os niveis ,que quizáis costa a veces velo pero se está a facer , e iso as veces ten que ser unha das cousas máis importantes no deporte.

Resultado ao final do encontro:Bm Cañiza 28- Bm Culleredo Sutenor 18

Bm Cañiza(15+13): Zaira Castro, Maria Fernández, Olaya Piñeiro, Alexandra Sande, Laura Loira, Nohara Vazquez, Almudena Trujillo,Maria Rodriguez

Bm Culleredo Abogacía Canosa(9+9): Helena Portas, Alba Romero , Aroa Martinez, Carmen , Sara Villar, Eva Outón,Cintia Miguez, Simona Seo,Sofia Meijide

Parciáis cada 5`: 3-0/5-3/7-5/13-7/15-9/15-10/17-13/19-15/23-15/25-16/28-18

Árbitros: Alfonso Canitrot

Incidencias:Xornada 2 da loita polo titulo na liga prata cadete feminina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *