
Encontro clave na liga de ouro cadete femenina onde o segundo clasificado a SAR Redondela enfrotábase ante o terceiro o Sutenor . Un encontro que moitas e moitos esperaban xa que a priori sabese que fai ser un dos espectáculos do ano como pode ser calquer partido no cal se enfronten os postos altos nesta categoría cadete feminina.
O encontro comezaba cun ritmo moi alto e igualdade, a Sar cun xogo no que sempre tiña unha conductora principal pero que sempre conseguía o se que propoñia, a debilidade non 1x1 na defensa cullerdense e a falta de axuda contundente estaban a facer mella na fase defensiva . O Sutenor non encontraba a zona de confort a nivel defensivo e iso estaba a ser un grave problema. Por outro lado na fase ofensiva o Sutenor estaba a propoñer un xogo colectivo e disciplinado moi ben plantexado por parte das xogadoras culleredenses. O xogo de transformación de primeira liña estaba a crear un caos na defensa local . Encontrábanse solucións por parte de moitas xogadoras a nivel colectivo pero a nivel defensivo o colectivo non aparecía e o Sutenor seguía encaixando goles moi rápidamente o que non daba pé a ter fallos no ataque . O final da primeira parte moitos goles para os dous equipos e diferencia de 3 goles a prol do equipo local .
Resultado ao descanso : S.A.R Redondela 24- Bm Culleredo Sutenor 21
A diferencia non era moi longa pero con este nivel de goles non se podia facer outra cousa que cambiar aspectos ou detalles na fase defensiva. O problema non estaba no ataque .... habia que centrarse e filtrar información na faceta defensiva ..... E. iso foi o que pasou , o cambio defensivo a 6:0 e o cambio na portería foron fundamentais nesta situación. Primeiros 10 minutos 2 goles encaixados previo tempo morto do Sutenor aos 5 minutos para resolver a situación ofensiva ante a defensa Mixta no lateral dereito.
Algo habia cambiado , o equipo estaba máis sólido , e as situacións defensiva estaban a ser máis correctas. Pero enfronte estaba un dos mellores equipos da categoría e non o ian deixar asi. A S.A.R volveu a funcionar e collia ventaxas de novo de 3 goles. Ata que se chegaría a o minuto 23 da segunda metade. Momento clave do encontro xa que de aqui o final do encontro o ocorreu algo insólito no deporte do balonmán pero que pola contra tantas veces se sentiu e viviu.... 0 goles encaixados nos últimos 7 minutos de xogo. Momento fundamental para o Sutenor que quizáis si .. a fortuna puido aparecer pero cando estes momentos os vives en situación diferentes , hai momentos que non cres na casualidade senón crees no traballo e non espíritu de equipo . A falta de 5 minutos o Sutenor ponse un gol arriba e xa non daría pé a máis , elas non querína deixar escapar esta oportunidade que apareceu sinxelamente e só grazas a elas. Con todas as armas posibles defenderon este resultado ata o pitido final onde vemos que o esforzo e o compromiso merece a pena.
Noraboa polo encontro, aínda asi queda moito por diante e isto só e un subir un pequeno banzo.
Agora a espensas do Bm Chapela que ten dous encontros menos, o Sutenor acolle a segunda praza da clasificación con moita ilusión e moito traballo no macuto.Despois do parón chega outro escollo, o lider da categoría o Atlético Guardés, un encontro moi bonito onde tamén distrutaremos independentemente do resultado que se dispoña.
Resultado ao final do encontro : S.A.R Redondela 33- Bm Culleredo Sutenor 34
S.AR Redondela (24+9):Karla Fernández, Aitana Crespo, Emma Troncoso, Loirana Cano, Daniela Figueroa, Daniela Miguez, Daniela Fernámdez, Aloia Fernandez, Zoe Bouzón, Noa Pérez, Carmen Barreiro,
Bm Culleredo Sutenor(21+13): Sara Fernández, Helena Portas, Thais Villaverde,Alba Fernández, Aitana Gestal, Noa Otón, María Otero, Claudia Soto, Rosalía Viega, Lola Romero, África Gómez, Sara Villar
Parciáis cada 5`: 5-4/9-7/13-12/17-15/24-21/26-23/26-25/28-27/32-30/33-33/33-34
Árbitros:Ainhoa Rodriguez y Cristian Framil
Incidencias:Xornada 8 da liga de Ouro cadete feminina , disputado no pavillín municipal de Redondela, A Bombonera.
