Saltar ao contido

O REMAX RIAZOR SEGUE CRECENDO PESE A DERROTA EN REDONDELA

Encontro ante o lider da categoría onde o Remax Riazor due a cara en todo o momento . Pese a diferencia de técnico - táctica co equipo rival as nosas demostraron que tamén saben xogar a este deporte, tamén saben xuntarse e ser un equipo , cousas que son a maiores dun resultado .

Non comezaron mal as nosas , pese a estar xa por debaixo no marcador dende os primeiros minutos, as sensación xerais eran boas.Quizáis a diferencia pode asentarse nas pérdidas de balón que propiciaba contrataques directos para a Sar de Redondela.Unhas pérdidas que hai que aprender a valoralas xa que moitas delas son práticamente sen atacar a porteria directamente.

Quizáis faltou algo de sorte nalgún momento na fase ofensiva onde non se estivo tan mal a niveis xerais , hai situacións novas que hai uns meses non se percibían . Iso é grazas a o compromiso nos adestramentos. Na fase defensiva os problemas dos 1x1 no avanzado central e a falta de axudas na liña interna estaba a crear demasiados problemas para a defensa cullerdense. Isto lastrou o equipo durante toda a primeira metade onde se chegou a un resultado de :

Resultado ao descanso : S.A.R Redondela 17- Bm Culleredo Remax Riazor 11

Na segunda metade o equipo sufriu moito a nivel defensivo ainda así hai momentos moi bós que dan folgos para poder mellorar de cara o futuro , quizáis hai que ser máis regulares pero xa chegará o momento . Esta pouca regularidade defensiva lastrou o Remax Riazor que encaixou 20 goles nesta metade , moitos goles para poder competir o encontro , pero é un dos contras que pode ter o sistema defensivo 3:3 .Agora xa sabemos os pros do sistema.... dinamismo defensivo , estado de alerta constante, aprendizaje técnico- táctico individual defensivo, desprazamentos longos defensivos ... aspectos que nun futuro enriquecerán as xogadoras para poder ser moito mellores .Por outro lado , a fase ofensiva estivo algo máis acertada que na primeira e puidendo marcar 14 goles nunha parte ao lider da categoría. Un bó bagaxe para o Remax Riazor. O cambio de sistema tático o final do encontro ofreceu novas visións de cara o futuro ofensivo.

Correcto , a niveis xerais o encontro foi bastante correcto por parte do Remax Riazor, que ten que precisar moito máis a niveis ofensivo e estar con aínda máis concentración e intensidade na fase defensiva. Pero foi bó encontro das nosas nunha pista noi compricada para todos o rivais da competición.

Resultado final: S.A.R Redondela 37- Bm Culleredo Remax Riazor 25

S.A.R Redondela(17+20):Helena lopez, Martina Dacosta, Ana Anselin, Zoe Molinos, Daniela Fernández, Eva Boullosa, Greta Alonso, Zaira García, Ines Migulles, Marta Troncoso, Rita Queimaliños

Bm Culleredo Remax Riazor(11+14) :Aldara Allegue, Candela Tizón, Aroa Bestilleiro, OIivia Pan, Sabela Lamas, Andrea Muñoz, Uxía Seoane,Salma Martinez. Elena Aneiros, Sofia Orge, Daniela Manteiga, Lucia Peña.

Árbtiros: Ainhoa Rodriguez y Cristian Framil

Incidencias: Xornada 8 da liga Ouro infantil femenina , disputado no pavillón municipal de Redondela chamado A Bombonera.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *